Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dolores Pan. Especial "Bilingüe" de Pontevedra
"Manda Carallo na Habana". Quen pode entender que sexan "os da casa" os que xoguen encontra da nosa lingua?

"O grupo do PP no Senado rexeitou este martes, na Comisión de Sanidade e Consumo, unha moción coa que se pretendía que os exames para Médico Interno Residente (MIR) se puideran realizar, ademais de en castelán, nas outras linguas oficiais do estado (galego, catalán ou éuscaro). O grupo do PP votou en contra, despois de amosarse a favor na primeira intervención, segundo explica o senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza.

Bouza explicou que, tal e como recolle a acta, a voceira do PP e senadora por Burgos, María Begoña Contreras, amosouse favorábel á moción na primeira intervención, mais despois o seu partido virou de opinión. Neste caso foi Dolores Pan, senadora por Pontevedra, a encargada de tomar a palabra para explicar esta mudanza de idea, argumentando que a aplicación da moción "incrementaría o gasto e a burocracia".

Pérez Bouza considera "curioso" que esta negativa se produza nunha comisión (a de Sanidade e Consumo), na que o PP ten tres senadores galegos, sendo unha senadora do país a encargada de xustificar o cambio de opinión. Para o senador nacionalista esta variación de postura explicase nas "presións que lle impón a nova política lingüística do PP de Galiza en contra do idioma galego".

A moción fora presentada conxuntamente polo grupo de CiU e a Entesa Catalana de Progrés (na que están PSC, ERC, ICV e EU) e estaba apoiada polo grupo do BNG".


Coordenadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra
Categoría: Galego - Publicado o 01-04-2009 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0