Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Feitos históricos. Hoxe
No fondo desta bitácora teño metido un "gadget"? que vai recordando algúns feitos históricos día a día. No de hoxe recórdase o 14 de marzo do ano 1492. Este amósanos como a nosa "benquerida" Isabel A Católica" expulsa ós xudeos non convertidos ó cristianismo. Eu sempre dixen que España estivo e está mal feita, ou inxustamente desequilibrada en algunhas cousas... Non foi isto imposición?. Ista é unha palabra moi suave para o que lle aconteceu a miles de familias naqueles tempos. A cuestión é que moitas cousas impostas, inxustamente, tragamos con elas e aínda por riba defendémolas como se foran de xustiza.

Tamén está o feito histórico, nesta imaxe, da chegada a América, de Hernán Cortés. Cantas matanzas provocaron nas américas estes consquistadores? Cantas culturas exterminaron? Por que sempre nolos presentaron como heroes?

Para completar, na imaxe tamén está a nova de que a Falanxe Española non obtivo nengún escaño nas eleccións do 36, pero logo, xunto con Franco,governaron case medio século. Algúns, aínda por riba, añoran estes tempos. Que ben se estaba se estaba sen o galego nas escolas?
A este ritmo, e coas novas políticas que están anunciando,os poucos galegofalantes que "sobrevivimos" nas cidades, seremos algo así como os xudeos, ou os maias, ou os aztecas, ou ... Expulsárannos os patriotas españois? Ou meterannos nunha reserva como fixeron os americanos cos indios? Igual lle ven negocio ó asunto e nos momifican en pezas de museo. Xa nolo dirá o tempo.


Se queres ver un documental sobre como sobrevive o galego nas cidades podes ver este de "Linguas cruzadas"
Categoría: Historia xeral - Publicado o 14-03-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0