Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

En pé!
Recollo da bitácora de "Acuática" un artigo moi expresivo dun discurso de Feijoo nesta campaña. A prensa dí textualmente que citou ó poeta Ramón Cabanillas, e concretamente algúns versos do poema "En pé", pero que só citou os catro primeiros do poema. Está ben recordarlle aquí toda a letra do poema para que cando fale o pense mellor. Porque a verdade é que aínda non o vexo nada decidido, dentro dese enorme e complexo partido que dirixe, a facer algo positivo, pola nosa lingua, pois, ó igual ca o seu antecesor, o único que están realmente a facer é a de deixala morrer lentamente.
Recordámoslle aquí a letra do poeta. E porque non, con música

En pé!

Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito a libre nova vida!

Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas?
Irmáns asoballados
de xentes extranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
e ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito a libertar a Terra!

Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
en pé! en pé dispostos
a non morrer sin loita!
O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!


Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
?A nosa terra é nosa!?

Ramón Cabanillas
"Da Terra Asoballada" (1917)


Versión inglesa do poema

Máis en GZnación
Categoría: Galego - Publicado o 23-02-2009 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0