Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Febreiro, ou mes da Candeloria
Neste mes de Febreiro temos dous santos refraneiros: A Candeloria, o 2, e San Brais o 3. Se sabedes algún máis podedes poñelos nos comentarios, e por suposto grazas por colaborar, aínda que sei que pode ser dificil dado que xa hai dabondo. Ás veces hai variantes que non se reflicten aquí.

"En febreiro, sete capas e un sombreiro"
?A chuvia en febreiro fai o palleiro?.
"Día de S. Brais , hora e media mais, e o que ben lle contou, dúas horas lle encontrou"..
"Ten o inverno por pasado se ves a febreiro empapado".
"Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira".
"Febreiro tasqueiro, nin boa meda nin bo palleiro".
"En febreiro corre a auga por calquera regueiro"
"Mal ano espero, se en febreiro anda en mangas de camisa o xornaleiro".
"En febreiro, un pouco ao sol e outro ao fumeiro".
"A castaña e o besugo en febreiro están en zugo".
"En febreiro sete lobos ao carreiro"
"Xaneiro xiadeiro, febreiro fervedeiro, marzo pelarzo, abril co día no cubil".
"En febreiro garda a leña no leñeiro"
"En febreiro sae o oso do oseiro"
"Febreiro currusqueiro, marzo ventoso, abril chuvioso, maio louro cuberto de ouro"
"Febreiro, xiada na leira, e cachopo na lareira".
?Se non chove en Febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro?.
?O dous de febreiro súbete ó outeiro; se ves negrexar ponte a cantar; se ves branquexar bótate a chorar?
?Se febreiro non febreirea, marzo non marcea.?
?Cando chove en febreiro todo ano é temporeiro?.
?Come máis pan un día de sol de febreiro que os cabalos de todo o reino?.
?En febreiro, por cada rego un caneiro?.
?Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro?
?Febreiro corzo, cos seus vinte e oito, se durara máis catro, non quedaba can, nin rato no seu burato?.
?En febreiro saca o boi do teu centeo?
"Febreiriño a ferverexar e a espurritiña do trigo a medrar"
"Neve febreiriña, tarde ven logo camiña"
"Febreiro lardeiro..."
"Febreiro mollado Maio soleado"
"En febreiro limpan o cu no palleiro"
"En Febreiro nin can, nin cadela nin sombreiro"
En febreiro sete lobos ao carreiro.
-Febreiro, felerpeiro.
-Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
-Aproveite ben febreiro quen mal folgou en xaneiro.
-En febreiro mete obreiro, antes no derradeiro que no primeiro.
-En febreiro mete obreiro, pan che comerá pro traballo che fará.
-Febreiriño corto cos seus vinteoito, se tivera máis catro non paraba can nin gato, nin abella no burato.
"Neve febreiriña pica a galiña"
"A neve febreiriña vaise axiña"
"Dure a mala veciña o que a neve febreiriña"
"Cando a Candeloria chora, metá do inverno vai fóra".
"Pola Candeloria metá do inverno vai fóra, se chove ou venta, inda entra".
"Se a Candeloria chora, metá do inverno vai fóra; que chore que deixe de chorar, metá do inverno está por pasar"
"Pola Candeloria cásan os paxariños e vaise a galiñola"
"A partir da Candeloria, ningunha ave boa soa"
"Cando a Candeloria chora, a metade do inverno vai fora".
San Brais, dúas horas máis"
-Mira, Brais, por onde vas, e coida ben o que fas.
-Brais, lávate e comerás, e dispois de ben lavado non comerás bocado.
-San Brais da barca que afoga e non mata.
Categoría: Ditos, refráns, enredos .. - Publicado o 22-02-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0