Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Galicia Trilingüe ?
Bieto Lobeira

17 de Febreiro do 2009
Galicia Trilingüe

Eu teño certa capacidade para falar en inglés. Daquela maneira, evidentemente. Mais non me miro "driving" co meu amigo Moncho, ou "talking" con Pili, nin pedíndolle "a piece of advice" a Sandra das Pedreiras. Eu non falo inglés porque non quero. Sería de parbos andar por Marín e entrar no comercio de Lucía para lle pedir algún "trouser", ainda que fora "jean". Outra cousa é que si pretendo dominalo. Para min. Por se me fai falta. E por cultura xeral. Mais non gosto da idea dunha Galiza poboada por habitantes que se relacionen entre eles en inglés. Se cadra gañaríamos en "glamour", mais perderíamos en identidade. Deixaríamos de ser o que somos.

Tamén podo falar en español. E tampouco quero. Porque me resultaría ridículo preguntarlle a Fran, o da frutaría, "si ha llovido hoy", ou atoparme con Lorena de Ardán e ir ao "camino viejo" de Seixo, aquel que queda entre "la colina" e "el sendero" que vai para Castro. Eu non quero falar en español. Prefiro falar no idioma do meu país. Non na lingua que me impuxeron na escola, nin en boa parte da administración, nin na imensa maioría dos medios de comunicación social. Non, non é o meu idioma. Ainda que mo impoñan. Ainda que llo impuxeran á forza durante moito tempo ao meu pobo.

Agora escoitamos, desde o PSOE, que a súa alternativa para superar o conflito lingüístico existente na Galiza non é o impulso e a planificación dun proceso de normalización lingüística, que devolva o galego ao lugar de naturalidade na nosa sociedade que nunca debeu perder. Con pedagoxía social e con elegancia, convencendo e seducindo, mais tamén de xeito firme. Respectando os nosos dereitos lingüísticos. Non, non é esa a súa alternativa. O seu obxectivo é, segundo din nesta campaña, unha Galiza "trilingüe". O "trilingüismo harmónico", vaia. Mesmo podían pór en marcha unha plataforma social de apoio a esta iniciativa que se chama "Galicia Trilingüe", poño por caso. O asunto, en definitiva, é que o galego perda espazos.

O PP non é tan moderno. Aposta pola "liberdade de elección" no contexto do "bilingüismo integrador", que consiste esencialmente en separar ás nenas e nenos na escola por razón de idioma, segregando como "apestados" aos nenos galegofalantes en aulas diferentes para inculcar ainda máis sentimento de autodio nunha sociedade como a galega, que o que o que precisa é xustamente o contrario: autoestima. Asumen con disciplina as directrices dun radiopredicador racista e antigalego. Abandeiran o complexo de inferioridade. Séntense avergoñados de seren galegos, e de perteceren a un pobo diferenciado. Gostarían que Galiza desaparecese como comunidade humana definida con sinais de identidade lingüísticas e culturais propias. Prefiren unha Galiza prostrada, dominada, submisa e autonegada, máis dócil aos poderes que historicamente se aproveitaron dela. Por iso renegan do galego.

Aclarémonos. Non hai pobos bilingües nin trilingües. O lóxico é que cada nación viva no seu idioma, que se instale nel con comodidade. Outra cousa é que os seus habitantes posúan competencias lingüísticas que lles permitan dominar linguas diversas. Como en Dinamarca. Aquí non temos bilingüismo. O que temos é un conflito lingüístico que está a levar na práctica á substitución do noso idioma pola "língoa imposta por vencellos de vasalaxe", como dicía Castelao. Nin igualdade xurídica temos na Galiza entre galego e español. E fronte a iso cumpre reaxir.

O 1 de Marzo temos eleccións. Estou convencido de que o futuro do noso idioma vai depender en boa medida -xunto a outros factores, evidentemente- dos resultados que obteña o BNG, e da correlación de forzas que se estabeleza. Así de clariño. Non nos podemos permitir retrocesos no ámbito lingüístico. E creo que o podemos conseguir. Sei que o imos conseguir. Xogámonos moitas cousas nestas eleccións. Algunha delas, como o futuro da lingua, de capital importancia. Contodo, son dos que ten moita esperanza. Podemos avanzar, conquistar novos espazos e dignificar a lingua galega. Porque significará tamén dignificar a nosa sociedade. E cando o consigamos, non haberá forza no mundo que pare este pobo.


Maís sobre Bieto Lobeira
Categoría: Opinión - Publicado o 21-02-2009 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0