Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Políticos de pataco
Supoño que algúns xa non saben o que é un pataco, unha chica e un patacón. A miña época é máis ben a do pataco, era o custo dun caramelo dos pequenos. Unha peseta eran dez patacos.
A que ben isto a conto. Pois ben a que hoxe cando lin a entrevista que lle fixeron a Touriño na prensa, o que máis me chamou a atención foi o segundo titular: "Yo soy castellano en lo personal". E a min saíume da ?ialma?: ?Políticos de pataco?.
Que pena me deu!. Que satisfación para outros moitos! Que medo lle teñen as eleccións! Os do PP fastidiáronlle a foto a Rosa Diez na manifestación do domingo. Agora semella que os do PSOE lla queren estragar ós do PP.
Despois de reflexionar un pouco e, por sacarlle algo positivo, pensei que era de agradecer a sinceridade, pois outros, comparando un pouco, semella que lle teñen alerxia: Rajoi, Ana Pastor, ? e hoxe meto neste último lote a ?Pepe Blanco?, que nun mitin di que ?No habla gallego porque no le gustan las imposiciones?. Manda truco! Que pena que non estivera na manisfestación!
Cando falou Fernando Blanco galego? Levo anos seguindo a este ?cerebro? e unha das cousas que nunca me gustaron del, foi que case nunca falou ?a súa lingua materna? , nin nas campañas electorais. Parece que marchan para Madrid par non tropezar coa súa lingua.
Digo pena, porque seguimos relegando ó galego a unha segunda ou terceira división, nalgúns sitios coido que está nunha ?Terceira Rexional? con perigo de extinción.
De que maneira queda relegada a estas categorías? Aquí van algúns exemplos:

*Moitas familias de orixe rural que agora viven na cidade falan o galego na casa (neste caso si que é verdadeira intimidade) pero tan pronto saen da casa desaparece: nos comercios, na piscina, cando se vai ó médico ... case sempre cando están fora da casa.

*Estas mesmas familias, que entre eles falan galego, fano en castelán cos fillos/as. Foi o que sí se lles impuxo a eles cando ían a escola, daquela estaba mal visto falar galego, e non se podía falalo nas escolas. Moitos seguen a facer o mesmo que lle dicían seus pais : ?Habla bien?.
*No ensino , como xa dixen noutros artigos, moitos dos libros están en galego, pero tan pronto saen da clase desaparece ?A Fala? por arte de maxia, isto case no mellor dos casos, pois aínda hai moitos mestres/as que dan explicación en castelán. Estouno padecendo coas dúas das tres fillas que teño.

*Os políticos no parlamento, traballadores da TVG, etc. que cando os vés na tele "semella" que falan galego acotío, pois vai e lévaste un chasco cando os escoitas fóra dese contorno. Aquí hai que dicir ó seu favor, que polo menos fano nalgún contexto... esperando que pouco a pouco vaian mellorando e aumentando os espazos . Os galefás (galego ?falantes) temos que vivir destas miserias!

*Cando queres ler a prensa ?galega?, como non o fagas por internet, apenas atopas case nada en galego.
Xa non falemos, de cine, videoxogos, ?.

En resumo, non me gustan moito estes "modelos de políticos a seguir", son "políticos de pataco ou patacón"O prestixio da lingua non se acada deste xeito.Así seguimos potenciando a grande diglosía que aínda temos.

No simil futbolístico, en que categoría situariades vós o galego?

Coñeces algunha outra expresión para definir isto? Será isto "esperpento"?
Categoría: Paradoxos - Publicado o 11-02-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0