Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lingua Materna
Onte no telexornal escoitaba dicir a Gloria Lago (presidenta de Galicia Bilingüe) que o que eles pedían era que seus fillos poideran estudar na lingua materna. Estou totalmente dacordo, a cuestión é que a lingua "materna", a lingua propia dos galegos foi e é , non sei por canto tempo, o galego. Sodes os fillos/as dunha xeración reprimida, como a miña, os que non vos acordades de cal era ou é a lingua de vosos pais e avós. Por que mudaron as cousas? Non é xusto volver ó rego? Unha cousa é que evolucione "a fala" e outra que desapareza por imposición dos patriotas españois. Ata agora non houbo respecto pola nosa lingua. Xa, fai uns anos, o noso ben apreciado Frei Martín Sarmiento denunciaba ese feito de usurpación da nosa lingua, estudábase en castelán cando a xente falaba galego. Iso que reclama GB estámolo a reclamar os galegos dende que se empezou a impoñer o castelán nesta terra. Os dereitos dun pobo usurpados, o normal é que primeiro sexa o da casa e logo o de fora.
O que se fixo e se está facendo ata agora é o de converter o galego nunha lingua extranxeira. Practicamente o que hai de galego no ensino é o dos libros de texto, porque despois aínda son moitos, a maioría, os que mudan ó castelán. O día que nos recreos do colexio falemos cos rapaces en Galego comezaremos a dignificar a nosa lingua. Aínda hai moito que facer. Teremos que loitar, no bo sentido da palabra, para recuperar o sentido común.
Gústanme máis os valores de Noely Pocaterra que os de Galicia Bilingüe, estos últimos vexos máis destructivos e separatistas.
Como todo na vida "uns bogan e outros cian".

Déixovos aquí un vídeo de Mercedes Peón, unha que tamén intenta bogar, e non ciar, nesta mar enraizada. Espero que vos guste.



DE SEU

O galego que non fala a lingua da súa terra
non sabe o que ten de seu,
non sabe o que ten de seu
perdidiño polo mundo
sen saber o que xa é meu,
perdidiño pola vida,
rexeita a súa lingua
sabendo que ven de atrás,
sabendo que ven de atrás
da nosa xente querida,
aínda hoxe falámo-la!

Falámola naturalmente
falamos como a nosa xente,
non nos podemos queixar.
O galego que non fala a língua da súa terra
non dabe o que ten de seu,
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela,
galego da túa TERRA.

Do disco "Issué" de Mercedes Peon
Categoría: Música da lusofonía - Publicado o 09-02-2009 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0