Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Só co tempo
De Borges:
"Logo dun tempo, un aprende a sutil diferenza entre soster unha man e encadear un alma;
e un aprende que o amor non significa deitarse e que unha compañía non significa seguridade,
e un empeza a aprender que os bicos non son contratos, os agasallos non son promesas
e un empeza a aceptar as súas derrotas coa cabeza alta e os ollos abertos,
e un aprende a construír todos os seus camiños no hoxe, porque o terreo de mañá é demasiado inseguro para plans...e os futuros teñen unha forma de caerse na metade.

E logo dun tempo un aprende que se é demasiado, ata a calor do sol queima. Así que un planta o seu propio xardín e decora a súa propia alma, en lugar de esperar a que alguén lle traia flores.

E un aprende que realmente pode aguantar, que un realmente é forte, que un realmente vale... e un aprende e aprende... e con cada día un aprende.
Co tempo comprendes que só quen é capaz de amarte cos teus defectos, sen pretender cambiarte, pode brindarche toda a felicidade que desexas.
Co tempo entendes que os verdadeiros amigos son contados, e que quen non loita por eles tarde ou cedo verase rodeado só de amizades falsas.
Co tempo aprendes que as palabras ditas nun momento de ira poden seguir magoando a quen feriches, durante toda a vida.
Co tempo dáste conta de que cada experiencia vivida con cada persoa é irrepetible.
Co tempo comprendes que apresurar as cousas ou forzalas a que pasen ocasionará que ao final non sexan como esperabas.
Co tempo daste conta de que en realidade o mellor non era o futuro, senón o momento que estabas vivindo xusto nese instante

Pero, desafortunadamente, só co tempo..."

Documental longo (1h) sobre a vida de Borges:

Categoría: Opinión - Publicado o 25-01-2009 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0