Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Declaración de Aciveiro
O Estado ten feito moi pouco por adecuar a súa Administración ao réxime da cooficialidade lingüística establecida polo artigo 3.2, que establece que ?a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección?.

"A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística" vén realizando unha actividade continuada neses dous ámbitos institucionais con propostas que se traduzan en iniciativas lexislativas que artellen un sistema normativo que regule o uso das linguas cooficiais nesas institucións, por unha banda, e, por outra, campañas de sensibilización que van mudando os hábitos e actitudes lingüísticas dos funcionarios públicos adscritos a elas."

Recentemente fíxose unha xuntanza con diferentes organismos dependentes da administracións do estado: policía, xuices, garda civil, etc.

O resultado dos debates é a chamada ?Declaración de Aciveiro?, na que se recollen as demandas para axilizar o proceso normalización consonte co réxime de cooficialidade lingüística vixente.
Considerouse preciso seguir avanzando na mellora do uso do galego cunha serie de medidas :
Capacitación lingüística do persoal dos organismos representados, e presenza nos servizos de atención ao público da administración xudicial e policial de persoal abondo capacitado, debendo ser dito aspecto especialmente valorado nos plans de calidade ou avalación dos servizos. Estimouse relevante promover o uso da lingua galega nas intervencións públicas e comunicados de prensa. Asemade, os xuíces e maxistrados participantes, propoñen levar a cabo unha serie de experiencias piloto en distintos órganos xudiciais galegos nas que as relacións mutuas entre xulgados e policia se desenvolvan tamén en galego, imprescindibles para difundir a normalización lingüística.


Aínda andamos con experiencias piloto!. A este paso non sei se nos esnafraremos antes.
Non hai que perder a esperanza e benvida sexan estas novas.

Ver noticia na prensa
Categoría: Galego - Publicado o 24-01-2009 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0