Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Erín Moure :
Do bloque "Bos e Xenerosos" saquei da súa categoría "Autoestima e autoodio" este artigo que fai referencia Erín Moure (Calgary (Canadá), 1955). Esta poeta coñeceu a cultura e a lingua galegas logo de pescudar sobre as orixes do seu apelido. Poeta, tradutora ao inglés de autores galegos, portugueses e franceses e estudosa da nosa historia, visita de novo Galiza para presentar a tradución ao galego do seu poemario Teatriños ou aturuxos calados (cunha edición bilingüe preparada por Galaxia), en versión de María Reimóndez.

Como descubriu a súa orixe galega?
Foi unha historia algo novelesca. No 1994 encontrei xunto co meu pai uns papeis antigos que pertenceran ao seu avó. Era unha partida de nacemento do meu bisavó Bieito Moure Lobariñas. Naqueles documentos enrugados e velliños nomeábase Crecente e inmediatamente quixen coñecer o país do que viñeran os Moure. Non era como quen vai visitar uns parentes porque o meu bisavó emigrou de Galiza no 1848.

E visitou Crecente.
Visitei. E cando descubrín o son do galego, quedei encantada. Para min, sentir aquela lingua descoñecida era como ouvir un río, como escoitar unha caída de auga. Namoreime e quixen saber máis. No Canadá non se sabe nada de Galiza. Nin tan sequera de España, fóra de catro cousas básicas que quedaron sen actualizar desde os tempos de Francisco Franco. Así que para min era como descubrir un novo mundo. Aquel amor a primeira vista foi medrando ano a ano, en canto coñecín a súa literatura, a riqueza do seu vocabulario.

Para ser bisneta de galego fala mellor que moitos que viven en Galiza.
Iso non é certo. Eu falo coma unha nena de 11 anos. Pero non me preocupa. Xa falei coma unha de sete, de oito? Sigo aprendendo cada día, madurando o idioma. É incríbel que moitos galegos non coñezan a súa fala ou non a practiquen. Non entendo como só o 20 por cento dos pais lles falan en galego aos fillos. É un luxo histórico perder un patrimonio tan valioso coma este. Só encaixando esta actitude na historia de represión que sufriu o galego podo chegar a comprendelo. Eu sempre conto que eu coñecín o castelán a través da xente galega que coñecín no Canadá que me falaba nesa lingua. Aínda hoxe non o dou falado, máis alá de catro frases de turista. En troques, en galego até consigo pensar. E é curioso, cando penso en galego o meu xeito de reflexión cambia, limítase ao coñecemento que teño da lingua e obrígame a repensar a miña realidade a través do vocabulario que podo manexar. Supoño que isto cambiará cando domine máis o idioma.

Sempre se di dos americanos que non dan entendido a diversidade lingüística europea. Supoño que no Canadá isto é diferente, non?
O Canadá é un país moi respectuoso coa identidade lingüística dos seus habitantes. Por exemplo, a constitución española obriga os cidadáns a coñecer o castelán. Se alá se aprobase unha norma semellante, inmediatamente o Quebec se declararía independente. No Quebec todo o mundo coñece o inglés porque o estudou na escola e porque está rodeado de territorios anglofalantes mais segue a defenderse o francés como lingua pública. Eu, que nacín na zona anglófona pero vivo en Montreal ?a cidade quebequesa máis importante? uso o francés na vida cotiá. Pero non só se usan estas dúas linguas. No barrio portugués fálase o brasileiro, os chilenos falan castelán? Iso non quita que moitos anglofalantes pensen que só vale a súa lingua porque é a que domina o mundo. Pero soberbias hainas en calquera lado.

Que escritores canadenses recomendaría ler?
Quen goste de Manuel Rivas que se achegue a Michael Ondaatje. Ten un universo moi complexo e moi rico en imaxes. Tamén son de moita calidade os poemas de Nicole Brossard, dos que hai tradución ao castelán.

Vostede traduciu a Chus Pato ao inglés. Que valores literarios descubriu nela?
Chus Pato é unha escritora ampla, que percorre diferentes épocas, diversas historias e moitas persoas. O ser é multiplicado e acaba nunha explosión onde todo o discurso cobra sentido. Condúcese entre a alta cultura e a cultura de masas con xentileza e estilo. Ademais, gústame que sexa unha autora esixente cos seus lectores. Para lela e comprendela hai que ter intelixencia. Non explica as cousas como se os lectores fósemos menores de idade. Ela vai adiante á velocidade máxima. A historia, a política, o cariño polo propio ?no seu caso Galiza? son temas universais. Calquera ten un pasado, un futuro incerto. Todos temos medo, coraxe. Todo iso está na súa obra. Abofé que vou traducir moitas máis cousas de Chus Pato.
Categoría: Opinión - Publicado o 21-01-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0