Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As medicinas curan ou causan cualquera enfermidade
Entrevista a Joan-Ramon Laporte, xefe do servizo de farmacoloxía no Valle Hebrón, Barcelona.


Analiza fármacos que xa están no mercado?

Si, porque cando un fármaco sae ao mercado foi probado por uns poucos miles de voluntarios, pero ao comercializarse en todo o mundo é tomado por millóns de persoas e é entón cando poden
aparecer efectos indeseados, en ocasións con desenlace mortal.

Cal é o medicamento que máis xente matou?


A aspirina, porque é o medicamento que máis xente tomou e a percepción do seu risco está
distorsionada. A doses baixas -cen miligramos ao día é un excelente protector cardiovascular, pero a dose analgésicas -un gramo- pode producir hemorraxia gastrointestinal.

Hai datos?


En Catalunya prodúcense uns 3000 casos anuais de hemorraxia gastrointestinal dos que un 40% son
atribuíbles á aspirina e a outros antiinflamatorios. En EE.UU. morren ao ano por hemorraxia
gastrointestinal por antiinflamatorio unhas 15.000 persoas; mentres que de sida morren 12.000.

Impactante.


Calquera enfermidade pode ser producida por un medicamento: un infarto de miocardio por un antiinflamatorio e por moitos outros fármacos; unha pneumonía, calquera enfermidade neurológica ou patoloxía psiquiátrica pode ser favorecida por medicamentos..


Vexo que o dos efectos secundarios vai en serio.

Moitos causan depresión, como algúns que tratan a presión arterial ou os diuréticos en persoas de idade avanzada. Os medicamentos para o insomnio poden provocar crise de agresividade, moitos casos de irritabilidad ao levantarse débese a medicamentos deste tipo, como as benzodiacepinas ou outros hipnóticos de acción curta.

Estamos hipermedicados?

Si, chegamos ao momento de que cando unha persoa está triste dise coloquialmente que esta depre. Os antidepresivos só serven para unha depresión profunda, e a tristeza non é unha enfermidade, é unha reacción saudable.

Non hai medicamento sen efectos indeseados?

Non, cada medicamento ten a súa peaxe. A Axencia Europea do Medicamento calcula que cada ano falecen en Europa 197.000 persoas por mor de efectos adversos. En EE.UU. os efectos adversos son a cuarta causa de morte, detrás do infarto de miocardio, o ictus e o cancro; e por encima da
diabetes, as enfermidades pulmonares e os accidentes de tráfico.

É unha lotería?


Non, se a toma ou a prescrición do medicamento fose máis atenta aos riscos que leva calcúlase que se podería evitar entre un 65% e un 75% destas mortes.

Anunciar fármacos por televisión debería estar prohibido.

Opino o mesmo. En España só pódense anunciar os que non financia a Seguridade Social , senón arruinaríana. Somos o país de Europa que en relación ao PIB, máis medicamentos consome.

Falemos dos seus prezos.

Son arbitrarios. Fabricar o medicamento máis caro, de cen a cincocentos euros, non custa máis de dous euros incluíndo o envase. Supostamente pagamos o esforzo de investigación. Pero entre un 30% e un 40% do gasto medio dos laboratorios destínase á promoción comercial.

O prezo negóciao o Goberno.

Si, pero con pouco éxito. En España o prezo do medicamento está alcanzando o de Alemaña que nos duplica a renda per cápita.

Que gran negocio.


Segundo o informe de desenvolvemento da ONU é o terceiro sector económico detrás da industria armamentística e o narcotráfico.

Din que se inventan cada ano novas enfermidades.

Si, sobre todo en relación coa mente e o sexo. Converten a timidez en enfermidade e a medicalizan.
Agora inventáronse a disfunción sexual feminina: Padeces disfunción sexual feminina..., non se ría...

De acordo.

...Se nos úlitmos seis meses rexeitaches unha proposión de relación sexual ou non tiveches unha con satisfacción plena?. Cada vez que se reúne un dos comités de hipertensión arterial (o estadounidense, o europeo, ou o da OMS) baixan o nivel de presión arterial considerado normal, e o mesmo ocorre co colesterol.

Explíqueme.

En poucos anos diminuír de tal xeito o límite de normalidade do colesterol que cada vez hai máis poboación que debe tratarse. En EE.UU. aumentou de 3 millóns de persoas a 25 en 10 anos.

Abraiante.

A industria farmacéutica dedica o dobre (en España o triplo) do seu orzamento a promoción comercial que a investigación. Unha visita do representante comercial vén xerar unhas 35 novas receitas do medicamento. O asombroso é que non haxa en Sanidade unha especie de central de compras de medicamentos con xente formada.

Quen se ocupa da formación continuada do persoal sanitario?

Os laboratorios, así que é moi difícil asegurar que non haxa unha influencia de intereses comerciais.

Alma médica

Non debeu ser fácil crear fai 26 anos unha fundación (Institut Català de Farmacología) que investiga e denuncia os fármacos que representan algún perigo para a saúde. Haberá de todo, pero na industria farmacéutica hai sobre todo diñeiro, poder e influencias. "..Parece que perdan a súa alma médica e quedáronse unicamente coa súa alma comercial", di Laporte que sabe do que fala, entre outras cousas presidiu o comité de medicamentos esenciais da OMS (2003/04) cando se conseguiu que se aprobasen os antirretrovirais xenéricos que salvaron tantas vidas en África. Aquí ofrezo só unha décima parte do moito que me contou: o negocio da saúde dá para falar.

A diferenza entre un medicamento e un veleno radica na dose.

Ler a entrevista no periodico "La Vanguardia".
Categoría: Saúde - Publicado o 04-03-2012 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0