Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Edicion do libro 20 anos normalizando dos equipos normalizando ...
Estimados/as amigos/as:

Como ben sabedes, no ano 2011 os ENDL celebramos 20 anos con Agustín Ferńadez Paz, e outros inciadores no labor de normalización lingüística no ensino alá polos anos 70, no mes de xuño nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego ( http :// www . coordinadoraendl . org / vinteanos / index . php ).

Desde a CGENDL pensamos que era moi necesario recoller graficamente todo o que se dixo ese día porque se non ninguén o ía facer e quedaría esquecido. É por iso que lle pedimos a todos os relatores desa xornada que puxesen negro sobre branco a súa intervención para elaborar un libro e complementalo cun anexos onde se recolle moito material normalizador desde hai décadas que estaría destinado a desparecer. (Anexámosvos un o índice e algúns anexos).

Agora temos o libro maquetado e só falta o financiamento para ediltalo. Como sabedes, a Coordinadora de ENDL é unha asociación sen ánimo de lucro, baseada no voluntarismo, que non dispón de fondos económicos. Por ese motivo é polo que recorremos a vós:

Precísanse 1500 euros para financiar a edición do libro e nós facemos unha proposta de colaboración económica aos/ás docentes para sufragar a edición:

Que vos pedimos?


- Colaboracións económicas de mínimo 20 euros

Que recibides a cambio?

- Un exemplar do libro.

- O recoñecemento nunha páxina final do propio libro baixo o epígrafe: ?PERSOAS QUE COA SÚA COLABORACIÓN ECONÓMICA CONTRIBUÍRON Á EDICiÓN DESTE LIBRO?.

Quen pode colaborar?

- Principalmente docentes do ensino galego ou persoas interesadas

- A colaboración será sempre nominal e nunca a nome de centros educativos ou equipos de normalización.

Como colaboro?


Envíanos un correo cos teus datos persoais (nome e apelidos, teléfono e enderezo postal) a correo @ coordinadora . es e porémonos en contacto contigo.

Por favor, difunde esta información entre todas as persoas que pensas que poden colaborar.

Datas:

- Até o 16 de marzo.



Moitísimas grazas

Saúdos dinamizadores

CGENDL
Categoría: Coordinadora de ENL - Publicado o 27-02-2012 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0