Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A razón, mesmo vencida, non deixa de ser razón
"O día despois". Por Marica Campos.

"O LUNS espertarémonos nun país novo, cor de rosa. Dígoo porque, se non con esas palabras, con outras semellantes llelo escoitei a dous homes asisados de cuxa intención de voto non teño a máis mínima dúbida. Non tercei na súa conversa porque estaba segura de perder o tempo, visto o ataque de ?confianza? que os posuía. Como se sabe, esta, a confianza, é o punto principal do programa dun dos dous partidos maioritarios en liza. Ogallá tivesen razón e a partir do luns se nos acabasen todos os problemas; mais sospeito que non.

A crise non foi un raio súpeto, senón que, como as grandes tormentas, tivo a súa xestación. Certo que uns nos dixeron que brillaba o sol cando as nubes xa eran negras e ameazantes. Mais certo tamén que outros negaron o proceso de formación das tales nubes, empeñados en non mudar as regras do xogo. Lembren aquilo de ?refundar o capitalismo?. Ben sei que os nomes non son as cousas, mais habería que empezar por eles. E é que, co uso, co mal uso, as palabras cárganse doutros significados e, designando no comezo conceptos lexítimos, poden referirse despois a cousas que non o son. Se deveu en avaricia sen límites, diñeiro artificial, especulación en estado puro, o que foi dereito á propiedade privada e á liberdade de produción, haberá que lle cambiar o nome ou declaralo ilegal.

Como isto aínda non vaia acontecer a curto prazo, o día seguinte non se diferenciará moito do día anterior. Non é preciso ser pitonisa para predicilo.

Ao día seguinte apertarannos máis o cinto, porque teremos que continuar alimentando o insaciábel Moloch do noso tempo. Non tocarán os impostos directos para gravar aos que máis teñen. Baixarán as prestacións sociais. Os pobres serano máis, os ricos moito máis e os do medio, cada vez máis cara abaixo, rezaremos o de «Virgencita, que me quede como estoy» e procuraremos gastar menos en previsión de tempos peores. Así seguirá a diminuír o consumo e a aumentar o paro.

Haberá protestas na rúa polos durísimos recortes que se aveciñan. Non o digo eu, díxoo a Señora Cospedal en Ceuta. Por que, se todo vai mellorar a partir do luns? Non o solucionará todo a confianza?

O maior erro sería caer no escepticismo e non acudir a votar. Non podemos renunciar á esperanza. É preciso repetir e repetírmonos o coñecido lema de que outro mundo é posíbel. «Onde non hai utopía, non hai futuro», dixo o bispo Casaldáliga, ese home que tanto sabe da loita contra a exclusión e a pobreza. Por iso servidora votará o domingo pola utopía que, é o meu parecer, non se acha no bipartidismo.

O meu sufraxio non servirá para elixir presidente; servirá, se lle suman os votos suficientes, para que o nome de Galiza e os seus problemas reais se escoiten en Madrid. Non nos darán a razón a maioría das veces aínda que a teñamos. Mais sempre nos confortarán as palabras de Lamas Carvajal: «A razón, mesmo vencida, non deixa de ser razón».



Ver artigo na prensa.
Categoría: Opinión - Publicado o 18-11-2011 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0