Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os pintabeizos e os espellos
Nunha escola de ensino secundario (IES) de Granada, os estudantes colleran o costume de darlle bicos ós espellos para imprimir os seus beizos.

Cada mañá, os espellos do baño de mulleres espertaba cheo de "bicos" de cor.

O director emitiu un comunicado pedindo a todos os estudantes que se abstivesen dos bicos nos espellos porque recargaba o traballo de limpeza do persoal.

Como se nada. Os espellos seguiron aparecendo cheo de marcas dos pintabeizos.

Cambiando de estratexia, o director colleu ó maior número de alumnas que podían entrar no baño , e díxolles que quería amosarlles a dificultade para o persoal de limpeza de limpar e eliminar estas manchas todos os días. Díxolle a empregada que procedera coa tarefa da limpeza dos espellos. Colleu un pano seco, e en vez de usar un produto limpa-vidros, mergullou varias veces o pano no bater e comezou a eliminar as marcas unha por unha. A cada pouco mollaba o pano na auga do bater ata que os espellos quedaron limpos.

Nunca máis apareceron marcas dos beizos nos espellos da escola.

Hai formas de educar que deixan pegada.

Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 17-11-2011 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0