Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Galicia queimada
De Manolo Rivas no El País
"......

Temos un país queimado. Non só os montes de Ourense e algunhas outras bisbarras.

Temos queimados os equipos e as equipas. Os equipos de normalización lingüística, por exemplo, eses botan fume por cada poro. E non me estraña. Como vas traballar no ensino oficial a prol dunha lingua, se todo o discurso do poder vai dirixido a descualificar ese traballo, a que a xente interiorice que a súa lingua é unha lingua inútil. Os equipos de medio ambiente están queimados. E como non! En lugar de espallar e garantir os valores medioambientais, semella que todo está aberto á poxa, non importa o nivel de protección. En Alemaña e Francia, os gobernantes decláranse ecoloxistas, non digamos xa nos países nórdicos, mais en Galicia o termo "ecoloxista" aínda segue a ser utilizado como un alcume. Quen repartiu as pancartas de Touriñán, feitas en fábrica, onde se atacaba como demos aos ecoloxistas?

Os equipos de televisión tamén están queimados. Estar están queimados até os equipos de fútbol. No mundo do estres e da angustia laboral fálase da Síndrome burn out. O estar queimado. Mais neste país semella unha síndrome nacional. A identidade de estar queimado.

Ía dicir que non temos dereito a estar tan queimados. Mais cos recortes que hai en todo, só faltaría que lle quitaran a un o dereito a estar queimado. Sen folgos. Sen esperanza. Sen nada.

O Rexurdimento tamén agromou en circunstancias de desacougo colectivo e cando moitas cousas semellaban perdidas ou en perigo de perderse. O que cómpre, cando un país está queimado, non é apagar a luz e encamalo. Pola contra, éche o intre de levar a contraria, montar un novo Rexurdimento e botar un baile coa Negra Sombra."


Artigos relacionados:

Defensa do Ensino Público
Categoría: Opinión - Publicado o 05-11-2011 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0