Fai uns anos, estando eu traballando en Poio, fixemos unha campaña de normalización lingüística con estes carnés. Dábaselle un ó alumnado que o merecía.
Tratábase de fomentar a oralidade. Persoalmente penso que tivo o seu efecto. Había que baixar un pouco o listón para dárllelo, pero a cuestión era que funcionaba, todos querían ter un carné ... ou todos.
Como se lle daba o carné?. Deste xeito.
1º Nivel:
MOUCHO. O Observador. Colabora nas actividades de Normalización Lingüística. "
Fala galego de cando en vez".
2º Nivel:
GOLFIÑO.
O imitador. Participa nas actividades de Normalización Lingüística. "
Fala galego cando outros llo falan".
3º Nivel:
DINOSAURO.
O enxebre.Colabora e partipa nas actividades de Normalización Lingüística.. Axuda a que outros tamén o falen. "
Fala galego sempre ou case sempre".
Parte de atrás dos carnés.
Hoxe recupéroos para este blogue porque a
páxina web deste colexio que estiven non sei se durará moito, leva un par de anos parada, e igual deciden facer cambios ... E ás veces, xa sabemos, isto fai que desapareza o que había feito. Eu dende logo, dóulleles as grazas os meus compañeiros por non eliminala, pois sei que teñen que pagar un pouco por mantela. Foi moito o que alí se traballou. Alí comecei esta andaina ciberespacial. Ós poucos vou sacando algunhas cousas para que non se perdan.
Estaría ben que a Consellaría de Educación fixera algo parecido con todos os funcionarios, con sistema de puntos para os concursos de traslados, ou con incentivo económico.
O problema do galego arranxaríase en dúas patadas.