Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nin lóxico ni legal
Un xove estudante de Dereito, suspende o exame final, e por elo interpela ao seu rudo catedrático - de gran sona pola súa aguda mente xurídica - e pregúntalle:
- Profesor, entende Vd. realmente todo o referente á súa materia?
- Creo que si: doutro xeito non sería catedrático . Non lle parece?
- "Moi ben.  Entón gustaríame formularlle unha pregunta. Se pode darme a resposta correcta, aceptarei gustosamente o seu suspenso. Pola contra, tería que darme Matrícula de Honra...? 
- Cal é a súa pregunta?
- "Moi sinxelo: Que é
* LEGAL pero non LÓXICO
* LÓXICO, pero non LEGAL;
* E nin LÓXICO nin LEGAL?"

 
Por moito que o profesor se escudriña a súa prestixiosa mente xurídica, non consegue dar coa resposta acertada. Así que se dá por vencido, e cambia o suspenso por unha matrícula.
Durante o resto do día, o profesor segue rompendo os miolos coa maldita pregunta. Ao día seguinte convoca aos estudantes máis brillantes da súa clase, e anúncialles que ten unha pregunta moi difícil:
- Que é LEGAL pero non LÓXICO, LÓXICO pero non LEGAL, e nin LÓXICO nin LEGAL?
Para a súa sorpresa e vergoña, todos os estudantes alzan a man.

- Está ben!? di o profesor, pedindo a resposta ao seu estudante favorito. 
- ¡É moi fácil, profesor!:
* Vd. ten 70 anos e está casado cunha muller de 25, o cal é LEGAL, pero non LÓXICO.
* A súa muller ten un amante de 22 anos, o cal é LÓXICO, pero non LEGAL.
* E o amante da súa muller suspendeu o exame e vd. acáballe de dar Matrícula de Honra, o cal non é nin LÓXICO nin LEGAL...?
Categoría: Humor - Publicado o 25-09-2011 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0