Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cal é o problema en Grecia?


Este profesor universitario conta algunhas cousa interesantes do que está a pasar.
Categoría: Política - Publicado o 24-10-2011 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Que cousas poden ser indecentes
Xa me chegaron varios correos dos que se pide que circule para que se entere todo o mundo. Eu decidín traducir este e poñelo porque ten moitas cousas aproveitables. Non estou de acordo con todas, porque poden ter varias interpretacións, pero en xeral coido que é interesante.

O título é:

"Non serei que pare esta cadea ... nin eu tampouco"


O GOBERNO** baixa o soldo aos funcionarios e suprime o cheque-bebé para afrontar a crise que xeraron os bancos e os especuladores bolsistas.

Gustaríanos transmitirlle ao Goberno e a oposición, que tamén goberna en moitas Comunidades Autónomas e organismos, o seguinte:

Dediquen o seu empeño en rebaixar **A VERGOÑA DA FRAUDE FISCAL**, que en España se sitúa ao redor do 23% do P.I.B. (10 puntos por enriba da
media europea) e polo que se perden 241.000 millóns de euros, fraude que repercute en maiores impostos para os cidadáns/as honestos/as.

TEÑAN A VERGOÑA** de facer un plan para que a Banca devolva ao erario público os miles de millóns de euros que Vds. lles deron para aumentar os beneficios dos seus accionistas e directivos; no canto de facilitar o crédito ás familias e ás empresas, e aumentar as comisións polos servizos bancarios.
**
POÑAN COTO** aos desmáns das empresas de telefonía e de ADSL que ofrecen os servizos máis caros de Europa e de peor calidade.

ELIMINEN** a duplicidade de moitas Administracións Públicas, suprimindo organismos innecesarios, reasignando aos funcionarios de carreira e acabando cos cargos, asesores de confianza e outros postos nomeados a dedo que, a pesar de ser innecesarios no seu maior parte, son os que cobran os sueldazos nas Administracións Públicas.

FAGAN** que os políticos corruptos dos seus partidos devolvan o diñeiro equivalente aos prexuízos que causaron ao erario público coa súa mala xestión ou/e as súas fechorías, e endurezan o Código Penal con procedementos xudiciais máis rápidos e con castigos exemplares para eles.

DIXO a Vicepresidenta do goberno "que é indecente que mentres a inflación é -1%,e teñamos máis de 4.000.000 de parados, haxa xente que non estea de acordo en alargar a xubilación aos 70 anos".

Gustaríanos transmitirlle a esta "Sra. Vicepresidenta" e a todos os políticos, o que consideramos indecente :

INDECENTE **, é que o salario mínimo dun traballador sexa de 624 ?/mes e o dun deputado de 3.996 ?, podendo chegar, con dietas e outras prebendas, a 6.500 ?/mes.

INDECENTE** , é que un profesor, un mestre, un catedrático de universidade ou un cirurxán da sanidade pública, gañen menos que o concelleiro de festexos dun concello de terceira.

INDECENTE **, é que os políticos suban as súas retribucións na porcentaxe que lles apeteza (sempre por unanimidade, por suposto, e ao comezo da lexislatura).

INDECENTE **, é que un cidadán teña que cotizar 35 anos para percibir unha xubilación e aos deputados bástelles só con 7, e que os membros
do goberno, para cobrar a pensión máxima, só necesiten xurar o cargo.


INDECENTE** , é que os deputados sexan os únicos traballadores (?) deste país que están exentos de tributar un terzo do seu soldo do IRPF.

INDECENTE**, é colocar na administración a miles de asesores = (léase amigotes con soldos que xa desexarían os técnicos máis cualificados)

INDECENTE **, é o inxente diñeiro destinado a soster aos partidos, aprobados polos mesmos políticos que viven deles.

INDECENTE** , é que a un político non se lle esixa superar unha mínima proba de capacidade para exercer o seu cargo, (nin cultural nin intelectual).

INDECENTE**, é o custo que representa para os cidadáns as súas comidas, coches oficiais, choferes, viaxes (sempre en gran clase e paseando á familia ou a amiguita/ou de quenda) e cartóns de crédito por todas as partes.

INDECENTE** Non é que non se conxelen o soldo as seus señorias, senón que non llo baixen.

INDECENTE** , é que as súas señorías teñan seis meses de vacacións ao ano.

INDECENTE** , é que ministros, secretarios de estado e altos cargos da política, cando esan, son os únicos cidadáns deste país que poden legalmente percibir dous salarios do ERARIO PÚBLICO.
Categoría: Política - Publicado o 08-10-2011 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
A primeira víctima dunha guerra é a verdade
Categoría: Política - Publicado o 28-08-2011 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Odio as matemáticas - 1
Neste e noutros que están na páxina de Paul Boróns podes aprender algo das curiosas "matemáticas" que se producen no noso "mercado especulativo". É, a lo menos curioso, e está ben explicado como un queda preso nas gadoupas dos banqueiros e demais especuladores.



Ver todos os capítulos.
Categoría: Política - Publicado o 11-08-2011 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Confesións dun sicario económico


Categoría: Política - Publicado o 14-07-2011 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0