Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hai que pedir respecto
A manifestación do 18 é unha reacción á actitude da Xunta"

Nel Vidal, que participou na manifestación da plataforma Queremos Galego o domingo pasado, considera "exemplar e necesaria" a actitude da cidadanía "ante a política lingüística do Goberno galego". Ao seu ver, a participación "desbordante" de todos os sectores sociais é unha "reacción" non contra "medidas concretas de Política Lingüística" senón "contra a actitude dun goberno, ante a TVG, a Radio Galega, a desaparición da música en galego da grella, o cambio de liña das Galescolas...". Pero, ante todo, Vidal considera que "a principal reivindicación é non só o galego senón tamén o respecto".
O encontro, que reuniu máis de 80 persoas entre alcaldes, concelleiros e técnicos de normalización lingüística de 40 concellos da Coruña, permitiu "pór en común" o seu traballo, como afirmou o deputado de Normalización Lingüística da Deputación, Xoán Manuel Sande. A xornada rematou cun resumo humorístico do tratado no encontro a cargo do actor Carlos Blanco.
Categoría: Arquivos da experiencia - Publicado o 23-10-2009 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa historia facémola nós
Xurxo Souto está impecable no seu discurso na manifestación de Santiago.Pode estar orgulloso. Somos moitos os que nos sentimos recargados de enerxía coas súas palabras para izar o barco escorado da galeguidade. Escóitao, paga a pena.



Ver tamén Avante Carnocho (outubro de 2010), onde nos fala de Xurxo Souto
Categoría: Arquivos da experiencia - Publicado o 21-10-2009 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Opinións sobre
Os amigos do Equipo de Normalización Lingüística do IES de Breamo fixeron un artigo onde recollen as opinións, sobre a manifestación da Plataforma "Queremos Galego" que se fará este 18 de outubro en Santiago, de diferentes persoeiros, entre eles están os portavoces dos diferentes partidos políticos.
Categoría: Arquivos da experiencia - Publicado o 15-10-2009 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Nais e pais falan sobre o galego
Ver vídeo de Pais e Nais que falan dos seus casos sobre o Galego no ensino.
Categoría: Arquivos da experiencia - Publicado o 12-09-2009 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Programación E. Física
Categoría: Arquivos da experiencia - Publicado o 11-09-2009 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0