Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Feitos históricos. Hoxe
No fondo desta bitácora teño metido un "gadget"? que vai recordando algúns feitos históricos día a día. No de hoxe recórdase o 14 de marzo do ano 1492. Este amósanos como a nosa "benquerida" Isabel A Católica" expulsa ós xudeos non convertidos ó cristianismo. Eu sempre dixen que España estivo e está mal feita, ou inxustamente desequilibrada en algunhas cousas... Non foi isto imposición?. Ista é unha palabra moi suave para o que lle aconteceu a miles de familias naqueles tempos. A cuestión é que moitas cousas impostas, inxustamente, tragamos con elas e aínda por riba defendémolas como se foran de xustiza.

Tamén está o feito histórico, nesta imaxe, da chegada a América, de Hernán Cortés. Cantas matanzas provocaron nas américas estes consquistadores? Cantas culturas exterminaron? Por que sempre nolos presentaron como heroes?

Para completar, na imaxe tamén está a nova de que a Falanxe Española non obtivo nengún escaño nas eleccións do 36, pero logo, xunto con Franco,governaron case medio século. Algúns, aínda por riba, añoran estes tempos. Que ben se estaba se estaba sen o galego nas escolas?
A este ritmo, e coas novas políticas que están anunciando,os poucos galegofalantes que "sobrevivimos" nas cidades, seremos algo así como os xudeos, ou os maias, ou os aztecas, ou ... Expulsárannos os patriotas españois? Ou meterannos nunha reserva como fixeron os americanos cos indios? Igual lle ven negocio ó asunto e nos momifican en pezas de museo. Xa nolo dirá o tempo.


Se queres ver un documental sobre como sobrevive o galego nas cidades podes ver este de "Linguas cruzadas"
Categoría: Historia xeral - Publicado o 14-03-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de século palestino
Recollemos este artigo do bloque "Club de lectores de Pontevedra".
En 1998 o escritor Miguel Anxo Murado foi a Palestina enviado polas Nacións Unidas. Permanecería alí cinco anos nos que viviu toda clase de situacións dramáticas e cómicas: desde representar a Palestina nunha feira internacional de turismo a presenciar atentados e bombardeos pasando por ser o portavoz oficial durante a visita do Papa. Fin de século en Palestina é o relato autobiográfico daquela experiencia persoal na paz e na guerra, un relato auténtico, tenro, en parte tráxico e mesmo ás veces humorístico da vida nun país cheo de cor e de violencia.. No vídeo (45 m) pódese ver un pequeno documental da orixe do conflicto.

Fin de século en Palestina está a ser acollido unanimemente por lectores e crítica como unha das mellores obras dos derradeiros anos. Agora, con este premio dos editores, confírmase aínda máis esa sensación. Este novo éxito de Miguel Anxo Murado súmase aos moitos premios recollidos o ano pasado pola súa obra "O soño da febre".

Temos tamén un novo vídeo-documental (45`)sobre a orixe do conflicto para entender mellor o que está no libro.

Categoría: Historia xeral - Publicado o 31-01-2009 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Isto é o que queda de Palestina
No bloque "Caladiños" atopamos, grazas a Román Landín, unha didáctica e breve presentación da "Historia de Palestina"


Vídeo con canción de LLuis Llach


Categoría: Historia xeral - Publicado o 25-01-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0