Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Poden elixir os pais a lingua no ensino?
Luís Villares, xuíz e coautor do Estatuto xurídico da lingua galega, cuestiona desde diferentes puntos os plans da Xunta. En 1994 o Tribunal Constitucional pronunciouse sobre a lei de normalización lingüística de Cataluña e deixou claro -resalta- que os pais non teñen dereito a elexir a lingua do ensino.

"Esa facultade correspóndelle só ao poder público". O feito de que quixese descargar nos pais a responsabilidade de determinar cal é a lingua vehicular do ensino sería unha abdicación dunha función que lle corresponde legal e constitucionalmente, e xa que logo, sería ilexítimo"

O xuíz é crítico ademai co modo en que se está emplegando o término libertade en todo este asunto. "Para que haxa liberdade de escolla ten que haber igualdade de condicións das linguas, e esa non é a situación que temos hoxe. E o que ten que facer a escola é precisamente prepararte para poder escoller"..

Ese papel obriga o Governo a unha protección especial do galego, engade. É así porque ten a obriga de fomentar a lingua que está en condicións sociolingüísticas desfavorables, tal e como contempla a Lei de Normalización Lingüística (1983), que é en sí unha asunción do poder lexislativo de que o galego está en desventaxa.

A obriga tamén reside no artígo 9.2 da Carta Magna, que lle obriga a promover as condicións para que "a libertade e a igualdade do individuo e dos grupos" sexan reais.

Máis do 50%, é lícito

Por iso -valora- a posibilidad de que máis de 50% do currículo se imparta en galego que recolle o decreto do bipartito é lícita, dacordo col principio da discriminación positiva para alcanzar a igualdade efectiva: "Para interpretar correctamente a lei temos que ter en conta os datos sociolingüísticos, que revelan unha perda progresiva de falantes e un ámbito raquítico no que o galego está normalizado. Todo o entramado social e desgaleguizador, e a única maneira que ten o poder público de neutralizalo é garantindo que no ensino se adquira unha maior competencia en galego".

O Tribunal Constitucional determinou ademais nos 80 que as leis de normalización deben ser de aplicación gradual e progresiva. "E iso obriga a que se vaia de menos a máis, e cun horizonte definido, nunca unha política de normalización regresiva", recalca el experto.

Facer o contrario, como parece agora pretender a Xunta de Galicia, iría en contra "da letra e o espírito" da Lei de Normalización, pero tamén da Carta Europea das Linguas Minoritarias, un tratado internacional que España debe cumprir, e que reza que a ensino terá que ser vehiculizado na lingua minorizada.

Ver nova na prensa.
Categoría: Opinión - Publicado o 22-05-2009 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
?A educación en galego, ó cen por cen, é o único que pode salvar o idioma?
Luísa Castro (Foz, 1966) escribe tanto en galego como en castelán. Como novelista, a súa traxectoria é unha das máis sólidas das desenvolvidas en España nos últimos anos. Como poeta, o seu libro galego Baleas e baleas é todo un referente da lírica dos anos oitenta. Recentemente, tamén en galego, Melancolía de sofá


?A educación en galego, ó cen por cen, é o único que pode salvar o idioma?
Categoría: Opinión - Publicado o 18-05-2009 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Good bye Spain
Good Bye Spain
Categoría: Opinión - Publicado o 16-05-2009 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Valoracións do novo Secretario de Política Lingüística

O presidente, Nuñez Feijoo, nomeou o filólogo e sociolingüísta vigués Anxo Lorenzo como secretario xeral de Política Lingüística.

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística foi un dos poucos colectivos que valorou ?positivamente? o nomeamento polos seus ?coñecementos acreditados? e pídenlle ?coherencia? coa liña de traballo e promoción da lingua ?que tivo ata o momento?. A Coordinadora recorda que ?foi secretario da Comisión Sectorial de Educación no Plan xeral de normalización dá lingua Galega de 2004? no que ?se apuntan as medidas incluídas no Decreto? actual.


Ver toda a nova con máis valoracións

Curriculum
Categoría: Opinión - Publicado o 15-05-2009 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Jesús Vázquez. Novo Conselleiro de Educación.
Entrevista ó novo Conselleiro de Educación.

¿Cales serán os obxectivos prioritarios desta consellería?

_ De momento, cinguiríame aos que puxemos no programa electoral, ao que todo o mundo sabe, o guión que seguiremos todas as consellerías, que foi o que nos deu a maioría absoluta.Temos moi claro o que a xente estaba realmente demandando. E somos conscientes de que hai moito voto prestado e de que esta é unha consellería que participou diso.


De momento non se saca moito da entrevista, pero xa lle imos poñendo cara. Persoalmente para mín só é un mandadiño, aínda que se atreve a dicir, a pesar dalgúns, que o galego é língua de tódolos galegos. Sona ben ... pero vai ser difícil contentar a todos ... sobre todo os que queremos salvar parte da nosa identidade. El, seica, repetindo o da "amabilidade" do señor Feijoo, prefire que o galego volva a situación de antes, sen decreto, .... e eu engado ... sen interés, sen cumprir os obxectivos da Lei de Normalización,... nunha palabra ... deixando que o lobo grande coma ó pequeno, facendo o "paripé"
...

En fin, sacada as vosas conclusións. Aquí tedes:

¿Quere dicir que pensa que parte deses votos prestados son polo tema da lingua no ensino?

_ Eu son consciente de que é así. Hai moitísima xente que así o manifestou, é un clamor o que pasou e está pasando.

_ Falta concretar, ¿sabe como vai ser o novo modelo unha vez se derrogue o decreto do galego no ensino?

_ Non, é unha cuestión que tentaremos consensuar en todo momento co resto dos grupos. Entendemos que é unha situación complicada, pero que compartimos a voz da rúa. En Galicia hai dúas linguas oficiais e hai que dar maior liberdade de elección aos pais, profesores e alumnos. Levarase a cabo no seu tempo debido, porque aínda temos que montar o equipo de traballo.
Categoría: Opinión - Publicado o 23-04-2009 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0