Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Separatistas
?Os cataláns, os galegos e os vascos serían anti-españois se quixesen impor o seu modo de falar á xente de Castela; pero son patriotas cando aman a súa lingua e non se aveñen a cambiala por outra. Nós comprendemos que a un galego, a un vasco ou a un catalán que non queira ser español se lle chame separatista; pero eu pregunto, como debe chamárselle a un galego que non queira ser galego, a un vasco que non queira ser vasco, a un catalán que non queira ser catalán? Estou seguro de que en Castela, a estes compatriotas chámanlles "bos españois", "modelo de patriotas", cando en realidade son traidores a si mesmos e é terra que lles deu o ser. Estes si que son separatistas!?.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Categoría: Opinión - Publicado o 06-02-2009 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Noely Pocaterra
"Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais".(Noeli Pocaterra)


Cabe destacar que Noelí Pocaterra, indíxena pertecente á etnia wayuú, graduada de Traballadora Social, é unha loitadora social que está comprometida, dende fai máis de 40 años, na defensa dos dereitos humanos, políticos e territoriais dos pobos autóctonos.

Acadou o Premio Nobel en 2005

Bloque con este lema.
Categoría: Opinión - Publicado o 05-02-2009 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Severn Suzuki
Severn Suzuki, a nena que silenciou o mundo durante 6 minutos.

Categoría: Opinión - Publicado o 02-02-2009 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Dominados polos bancos
Este vídeo explica en inglés, con subtítulos en español, algo do que está acontecer coa economía mundial.

Categoría: Opinión - Publicado o 02-02-2009 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Xesús Palmou


"Non quero usar a palabra único pero o galego debe ser o idioma normal da Administración"

Con Xesús Palmou vanse 20 anos da historia parlamentaria de Galicia. O que fora conselleiro de Xustiza en varios gobernos de Manuel Fraga e secretario xeral do PPdeG entre 1999 e 2006 deixará o día 2 de marzo o seu escano no Hórreo. De falar tranquilo e sosegado di que non foi "unha sorpresa" a súa saída das listas da formación conservadora. "Péchase unha etapa da miña vida da que estou moi orgulloso por servir o meu país, pero ábrese outra igual de interesante", sinala. E avisa: "Estarei alí onde o partido queira que estea".

Máis da metade do grupo que saia do 1-M non terá nada que ver co fraguismo. Ábrese agora si unha nova era en Galicia?

É evidente que a etapa Fraga quedou pechada tras as últimas eleccións. Aínda así hai un nexo de continuidade no proxecto de centro galeguista que é o Partido Popular de Galicia. Cambian as persoas pero a esencia é a mesma, que marcou o mandato político na era Fraga e estou seguro que fará o propio na etapa de Alberto Núñez Feijóo.

Foron os últimos en presentar as súas listas. Máis problemas dos previstos?

Non houbo máis problemas dos previstos, pero efectivamente, desde a miña experiencia, a confección das listas é sempre un proceso complexo, en todos os partidos. Agora ó haber unha ampla renovación, con persoas que veñen desde o mundo civil, isto sempre supón un plus de complexidade e isto foi o que determinou que o proceso se alongase un pouco máis. Aínda así todo rematou satisfactoriamente e dentro do prazo.

En Ourense a renovación alcanza o 66% e mesmo o presidente provincial Xosé Luis Baltar amosou as súas reticencias. Ve na súa saída unha certa compensación?

Non. Estou convencido, porque así o sei tras as conversas con Alberto Núñez Feijóo, de que a miña saída non ten relación coa lista de Ourense. Hai quen atopa un certo paralelismo co caso de Roberto Castro, eramos os dous que levabamos 20 anos no Parlamento. Pero nada máis lonxe da realidade.

Galicia contará cun novo Estatuto independentemente de quen goberne?

Estou convencido de que si. O Estatuto debe ser o Estatuto de todos con independencia de quen goberne. Todos temos a obriga de facer un exercicio de consenso.

De que tipo, de máximos, de mínimos?


Será un Estatuto de máximos dentro da Constitución, o que é fundamental. Por utilizar palabras que se teñen escoitado nos últimos tempos, será un Estatuto de primeira.

Por que a lexislatura que se pecha non trouxo xa este Estatuto?

Porque non houbo unanimidade. E non a houbo porque estaban no Goberno dous socios con proxectos ditintos. Desde o BNG pretendíase que este Estatuto levara un apelido, o "Estatuto de Nación", o estatuto do BNG, e dáme a impresión de que o PSdeG se viu ante a disxuntiva de acadar o Estatuto ou seguir no Goberno. Ningún partido pode pretender que no novo Estatuto haxa un selo de identificación cunha formación política concreta.

Dúas forzas estatais e unha netamente galega. Farase en Galicia ou desde Madrid?

O Estatuto ten que facerse desde Galicia e para Galicia. Non hai máis solución que esa.

Nunca o galego foi motivo de disputa. Por que agora si?

O galego non debería ser nunca motivo de enfrontamento. Ó longo dos anos de Goberno do PP, non só de Fraga, senón que me remonto ós tempos de Fernández Albor, houbo unha vontade política clarísima de normalización do galego na política e na sociedade e aí está nas normas neste eido. Ese é o camiño. Traballar na liña de conseguir, sen imposicións, a normalización do uso do galego.

O actual decreto segue unha Lei de normalización aprobada coa unanimidade da Cámara cando o PPdeG gobernaba. Por que tanta belixerancia por parte do seu partido?

Eu entendo que Galicia ten dúas linguas oficiais e que as dúas deben ter o mesmo status de igualdade. Agora ben, se nun decreto se pon que cando menos o 50% da ensinanza será en galego, estase dicindo que tamén pode ser o 100%, e eu creo que esa é a pega. Se hai igualdade, o decreto debería dicir "o 50%". Eu fago estas reflexións desde a miña posición clara e coñecida de galego falante en todos os aspectos da miña vida e como persoa que defende a normalización do galego na sociedade. Creo que todos os funcionarios da administración galega teñen a obriga de coñecer e usar o galego, sen ningunha dúbida.

Debe de ser a única lingua da Administración?

Creo que o galego ten que ser a lingua de uso normal na administración galega. Non quero utilizar a palabra único pero debe ser o idioma de uso normal na Administración.

Vai ser arma de campaña?

Agardo que non porque creo que as tres forzas que se presentan teñen sentido común.


O señor Feijóo ven de prometer que se goberna introducirá o bilingüismo nas comunicacións da Xunta.

Eu non quero mostrar ningunha posición de discrepancia. O único que digo, e así foi ó longo destes últimos anos, é que o galego debe ser o idioma de uso normal na Administración galega. Sen prexuízos de que se un cidadán pide resposta en castelán non se lle dea.

Pero eso xa existe agora.

Por iso digo. Creo que esa é a cuestión. O lóxico, racional e de sentido común.


O voto emigrante sempre volve cada catro anos e o único que cambia son os actores.

No ano 2001 eu ofrecín un pacto en plena campaña para modificar o voto. Eu penso, como a maioría, que hai que conseguir un voto emigrante coas mesmas garantías que os que o fan desde Galcia.

Pero chegou 2005 e agora 2009 e estamos igual. Por que?

O problema é que esa cuestión non se pode resolver desde Galicia. Hai que facelo modificando a lei orgánica electoral.

En 2001 creo que gobernaba en Madrid e en Galicia o PP.

Si pero desde o PPdeG se fixo o ofrecemento e non se fixo e agora tampouco. Sería absolutamente lamentable que tiveramos un Goberno en Galicia con votos de escasa lexitimidade, con serias dúbidas. E non o digo porque estea agora no Goberno. Díxeno cando estaba na oposición. Urxe por hixiene democrática unha reforma da Loreg.

Insisto. Se todos están de acordo por que a reforma non se produciu aínda?

Porque quizais os Gobernos non lle deron a esa cuestión a importancia que desde o meu punto de vista ten. Falo por min mesmo. Non o fixo o PP en oito anos que gobernou. Outros partidos gobernaron vinte e dous.

Que se xoga o PPdeG o 1-M. Poden abrirse vellas feridas?

O PPdeG xógase gobernar ou non. Se o PP non ten maioría absoluta non hai risco de problemas. Creo que o partido está agora moi cohesionado en torno ó liderado de Núñez Feijóo. Salvo que se produza unha debacle cunha perda importante de escanos non hai risco de ningún tipo.

Cre que un resultado negativo pode afectarlle ó presidente nacional, Mariano Rajoy?

Creo que se se produce un descalabro, evidentemente afectaría en Galicia e en Madrid e, se iso pasa, é evidente que lle afectaría a Mariano Rajoy. Se non, non.

De momento ningunha enquisa lle dá ó PPdeG a maioría.

Coñezo algunhas que colocan o PPdeG moi preto da maioría absoluta pero lembro que hai catro anos nos daban peores resultados que agora e logo tivemos 37 escanos. Non digo que o PPdeG afronte estas elección botando foguetes pero si que temos a posibilidade de ter maioría absoluta.

En cantos escanos poderíase cifrar un descalabro?

Creo que estar en torno ós 30 escanos nos obrigaría a reflexionar.

Artigo en Coord. E. N. L.>
Categoría: Opinión - Publicado o 25-01-2009 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0