Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outra máis de austeridade
Feijoo xustifica o gasto dun millón de euros en publicidade.

Chámanlle a isto austeridade?

Pa isto vale que nos desconten o 5% ós funcionarios?
Categoría: Paradoxos - Publicado o 11-06-2010 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a un tuareg
Non sei a miña idade: nacín no deserto do Sahara, sen papeis...!
>
> Nacín nun campamento nómade tuareg entre Tombuctú e Gao, ao norte de Mali. Fun pastor dos camelos, cabras, cordeiros e vacas do meu pai. Hoxe estudo Xestión na Universidade Montpellier. Estou solteiro. Defendo aos pastores tuareg. Son musulmán, sen fanatismo.
>
> - ¡Que turbante tan fermoso...!
>
> - É unha fina tea de algodón: permite tapar a cara no deserto cando se levanta area, e á vez seguir vendo e respirando á súa través.
>
> - É dun azul bellísimo...
>
> - Aos tuareg chamábannos os homes azuis por isto: a tea destiñe algo e a nosa pel toma tinguiduras azulados...
>
> - Como elaboran ese intenso azul añil?
>
> - Cunha planta chamada índigo, mesturada con outros pigmentos naturais. O azul, para os tuareg, é a cor do mundo.
> - Por que?
> - É a cor dominante: o do ceo, o teito da nosa casa.
> - Quen son os tuareg?
> - Tuareg significa "abandonados", porque somos un vello pobo nómade do deserto, solitario, orgulloso: "Señores do Deserto", chámannos. A nosa etnia é a amazigh (bereber), e o noso alfabeto, o tifinagh.
> - Cantos son?
>
> - Uns tres millóns, e a maioría aínda nómades. Pero a poboación decrece... "¡Fai falta que un pobo desapareza para que saibamos que existía!", denunciaba unha vez un sabio: eu loito por preservar este pobo..
>
> - A que se dedican?
>
> - Pastoreamos rabaños de camelos, cabras, cordeiros, vacas e asnos nun reino de infinito e de silencio....
>
> - De verdade tan silencioso é o deserto?
>
> - Se estás a soas naquel silencio, oes o latexo do teu propio corazón. Non hai mellor lugar para acharse a un mesmo.
>
> - Que recordos da súa nenez no deserto conserva con maior nitidez?
>
> - Espértome co sol. Aí están as cabras do meu pai. Elas dannos leite e carne, nós levámolas onde hai auga e herba... Así fixo o meu bisavó, e o meu avó, e o meu pai... E eu. ¡Non había outra cousa no mundo máis que iso, e eu era moi feliz en el!
>
> - Si? Non parece moi estimulante. ..
>
> - Moito. Aos sete anos xa che deixan afastarche do campamento, para o que che ensinan as cousas importantes: a olisquear o aire, escoitar, aguzar a vista, orientarte polo sol e as estrelas... E a deixarte levar polo camelo, se te perdes: levarate onde hai auga.
>
> - Saber iso é valioso, sen dúbida...
>
> - Alí todo é simple e profundo. Hai moi poucas cousas, ¡e cada unha ten enorme valor!
>
> - Entón este mundo e aquel son moi diferentes, non?
>
> - Alí, cada pequena cousa proporciona felicidade. Cada rozamento é valioso. ¡Sentimos unha enorme alegría polo simple feito de tocarnos, de estar xuntos! Alí ninguén soña con chegar a ser, ¡porque cada un xa é!
>
> - Que é o que máis lle chocou na súa primeira viaxe a Europa?
>
> - Vin correr á xente polo aeroporto.. . ¡No deserto só se corre se vén unha tormenta de area! Asusteime, claro...
>
> - Só ían buscar as maletas, ja, ja...
>
> - Si, era iso.. Tamén vin carteis de mozas espidas: por que esa falta de respecto cara á muller?, pregunteime.... Despois, no hotel Ibis, vin a primeira billa da miña vida: vin correr a auga... e sentín ganas de chorar.
>
> - Que abundancia, que malgaste, non?
>
> - ¡Todos os días da miña vida consistiran en buscar auga! Cando vexo as fontes de adorno aquí e alá, aínda sigo sentindo dentro unha dor tan inmensa...
>
> - Tanto como iso?
>
> - Si. A principios dos 90 houbo unha gran seca, morreron os animais, caemos enfermos... Eu tería uns doce anos, e a miña nai morreu... ¡Ela o era todo para min! Contábame historias e ensinoume a contalas ben. Ensinoume a ser eu mesmo.
>
> - Que pasou coa súa familia?
>
> - Convencín ao meu pai de que me deixase ir á escola. Case cada día eu camiñaba quince quilómetros. Ata que o mestre me deixou unha cama para durmir, e unha señora dábame para comer ao pasar ante a súa casa.... Entendín: a miña nai estaba axudándome...
>
> - De onde saíu esa paixón pola escola?
>
> - De que un par de anos antes pasara polo campamento o rally París-Dakar, e a unha xornalista caéuselle un libro da mochila. Recollino e deillo.. Regaloumo e faloume daquel libro: O Principiño. E eu prometinme que un día sería capaz de lelo...
>
> - E logrouno.
>
> - Si. E así foi como logrei unha bolsa para estudar en Francia.
>
> - ¡Un tuareg na universidade. ..!
>
> - Ah, o que máis estraño aquí é o leite de camella... E o lume de leña. E camiñar descalzo sobre a area cálida. E as estrelas: alí mirámolas cada noite, e cada estrela é distinta doutra, como é distinta cada cabra... Aquí, pola noite, mirades a tele.
>
> - Si... Que é o que peor lle parece de aquí?
>
> - Tedes de todo, pero non vos basta. Queixádesvos. ¡En Francia pásanse a vida queixándose! Encadeádesvos para sempre a un banco, e hai ansia de posuír, frenesí, présa... No deserto non hai atascos, e sabe por que? ¡Porque alí ninguén quere adiantar a ninguén!

> - Reláteme un momento de felicidade intensa no seu afastado deserto.
>
> - É cada día, dúas horas antes da posta do sol: baixa a calor, e o frío non chegou, e homes e animais regresan lentamente ao campamento e os seus perfís recórtanse nun ceo rosa, azul, vermello, amarelo, verde...
>
> - Fascinante, desde logo...
>
> - É un momento máxico... Entramos todos na tenda e fervemos té. Sentados, en silencio, escoitamos o fervor... A calma invádenos a todos: os latexos do corazón compásanse ao pot-pot do fervor...
>
> - Que paz...
>
> - Aquí tedes reloxo, alí temos tempo

Entrevista feita por VÍCTOR-M.. AMELA a:
> MOUSSA AG ASSARID,
Categoría: Paradoxos - Publicado o 05-04-2010 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Lección de dereitos humanos
Categoría: Paradoxos - Publicado o 19-03-2010 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao traducido no Parlamento Galego
?Eu non cultivei endexamais a arte pola arte. A arte para min non foi máis que un elemento, un recurso, un meio de expresión. Co lapis ou a pluma só quixen ser intérprete fiel do meu povo, das súas dores e das súa esperanzas. Debuxei sempre en galego; escribín sempre en galego; e se tirades o que hai de galego e de humano na miña obra non ficaría nada dela.?


Isto dicía Castelao, e onte o Sr Nuñez Feijoo, non sei con que fins, leu traducido ó español un poema de Castelao ... no Parlamento Galego!

Ver a nova en Terra e Tempo.
Categoría: Paradoxos - Publicado o 17-03-2010 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Bilingüísmo cordial
Feijóo estivo hoxe en Onda Cero e falou da lingua.
Descoñece a terminoloxía básica sociolingüística: " non creo na inmersión total de Galicia, nin en castelán, nin en galego". Inmersión só pode habela en galego, na lingua B, e é o método máis eficaz para a normalización. O outro caso sería submersión e tamén o camiño máis eficaz para o asesinato dunha lingua e que se practicou en Galicia durante case todo o século XX, polo menos.
Minte: "A inmersión é económica e lingüísticamente inviable"En todo caso sería necesario un plan con datas e obxectivos para levalo adiante.
Introduce preceptos racistas: "defendo o bilingüismo cordial". Só se fala de bilingüismo cordial ao referirse ao galego. Isto é, o galego debe ser cordial, debe ceder, aínda máis. A cordialidade non se predica, nunca do castelán. O castelán pode ser insultante, despreciativo, pode ir arrasando, ten preferencia. É unha forma curiosa de aplicar a política do equilibrio lingüístico que tamén predica este goberno. En definitiva, ao ser o concepto de bilingüismo cordial, unha idea que perxudica a unha lingua en beneficio absoluto da outra, é unha forma de defender o racismo lingüístico.
Despreza ao profesorado e a toda a pedagoxía: "restaurar o dereito dos alumnos para poder dirixirse ao profesor de forma oral e escrita, en clase, en calquera dos dous idiomas oficiais de Galicia". Como van aprender a falar en galego aqueles rapaces das cidades que desenvolven toda a súa vida en entornos castelán-falantes se nin tan siquera teñen obriga de falalo e escribilo na escola? E o repecto ao profesorado? E o respecto á nosa lingua? O único que importan son os dereitos individuais dos castelán-falantes cando falan en castelán, e o dereito a usar o castelán en Galicia en todos os ámbitos e por todo o mundo.

E a foto? Que ten que ver con todo isto?
Feijóo fixo máis declaracións. Estas sobre a visita do Papa a Santiago. Aclaramos unha cousa: que polo que nós sabemos este Papa non ten fillos, nin se lle esperan.
Despreza ao galego: Comentou que estaba moi satisfeito pola visita do Santo Pai.
O descoido e o descoñecemento son formas de desprezo.
O desprezo tamén é unha forma de desprezo. No seguinte artigo Henrique Rabuñal lémbranos como hai ben pouco tiñamos que oir a Feijóo falar en castelán en Lisboa.


Sacado do Taboleiro do Colmeiro
Categoría: Paradoxos - Publicado o 05-03-2010 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0