Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estranxeiros na propia terra

No Cortés Inglés da Coruña, puxeron estes dicionarios nun lugar moi axeitado hoxe en día, no de linguas extranxeiras. Realmente para eles así é, o galego na Galiza é xa case unha lingua extranxeira. Esto faise en nome da "liberdade" de continuar coa desfeita da lingua.
Alí e en outros moitos sitios non hai dignidade nin respecto.

Sigamos así ... e de paso tamén merquemos nos chinos ... para rematar con todo.


Xa votaremos a man a cabeza.
Categoría: Paradoxos - Publicado o 14-05-2012 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
A polémica pancarta xa está no cole
From Pancarta no cole


From Acta Xunta de Persoal


Despois de dar a tabarra por fín temos un documento onde pon claramente (polo menos por escrito) que por parte da XEFATURA DE PERSOAL non houbo ningún tipo de presión para poñer a pancarta. Grazas a este documento agora xa podemos ter a polémica pancarta dentro do colexio. Antes tiñámola que poñer fora.

Por que logo se armou tanto rebumbio e se tivo que pechar o blogue de Normalización lingüística?

Pode ser, eu aínda teño as miñas dúbidas, que un inspector, que seica está agora en Ceuta (por traslado), tomara pola súa conta esa decisión de non deixar poñer a pancarta, pero dende logo non se entende que ese mesmo inspector non dixera nada nos outros centros da súa xurisdición, como por exemplo, o CEIP Villaverde. Coido que hai centos de centros que aínda a teñen.

No acta tamén se fala que no blogue de Normalización quen decide sobre o mesmo é o EDNL, será logo este quen terá que dicir se un artigo é apropiado ou inapropiado. Non si?

Este artigo metino na categoría de paradoxos porque é curioso que unha foto dunha pancarta que fala da defensa do ensino público non se poida meter nun blogue de normalización onde se está a ver como lle están afectando os recortes (máis do 70% en dinamización do galego en dous anos e o que nos espera) e encambio agora témola metida dentro do centro. Sería por que xa pasaron as eleccións?

Falando de recortes, nun claustro xa se falou de se publicar a revista ou non, pois os cartos que están a dar non chegan nin para "pipas". Xa sabemos que a cultura, e a lingua en particular, non é do agrado de moitos dos que nos governan.

A miña pregunta é: Non deberían volver as cousas ó seu rego e deixar que o blogue seguira como antes?


Quizais detrás da pancarta hai algo máis. Se é así estaría ben que se dixera. Non si?


Dende logo unha porta mal pechada, ás veces, dá algún portazo cando se asoma o vento ou cando hai cambios de presión .... atmosférica.
Categoría: Paradoxos - Publicado o 15-04-2012 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
O que se dicía antes de gañar as eleccións


A verdade é que sona a coña. Non estou seguro se metelo en paradoxos ou en humor.

Ti que opinas?
Categoría: Paradoxos - Publicado o 05-04-2012 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Ser estranxeiro no propio país


Unha persoa que quere casarse polo civil en galego e non pode facelo porque a xuíza non sabe galego.

Unha persoa que se vai a operar pide asinar todo o papeleo en galego e non o hai. Como consecuencia retrásase a operación máis de 200 días.

Esta é a situación do galego en pleno século XXI.

Destas anécdotas hai centos sen denunciar.

A Lei de Normalización Lingüística pásana polo forro dos ...
Categoría: Paradoxos - Publicado o 28-03-2012 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Quen ataca a quen?

Categoría: Paradoxos - Publicado o 23-02-2012 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0