Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SAMAÍN: DOS CELTAS AOS GALEGOS
Escoitar a canción Samaín de Mamá Cabra


Collemos da bitácora Medrar En Galego,o seguinte artigo e xogo sobre o Samaín. Abaixo tes un vídeo cunha canción moi apropiada para estas datas, de Mamá Cabra. Logo tes máis ligazóns libros, contos, fotos, e máis vídeos. Segundo vaia atopando irei metendo máis. Aínda que coido que xa abondo.

A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta,é a festa en honor aos defuntos e marca a transición do verán ao inverno. Nesta noite, o pobo celta, con fondas crenzas religiosas relacionadas coa inmortalidade da alma e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou e atopou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentárense ao carón do lume da lareira.

O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais. As festas repartíanse tendo en conta a súa natureza e significado orixinal: dúas delas estarían asociadas á apertura e peche das estacións:

- Imbolc: celebrábase a principios de febreiro (sobre o 1 de febreiro), e era dedicada á deusa Imbolc ou Brigit, á que se consagraban os animais superviventes ao inverno.

- Beltaine: celebrábase o 1 de maio e dedicábase a Belenos, deus do lume. Neste día o lume era usado para purificar co seu fume os animais e todo o pobo.

- Lughnasa: celebrábase a mediados de xuño e dedicábase a Lug en Irlanda, Lugus en las Galias y Lleu en Escocia, deus da luz. Facíase para agradecer a fertilidade dos animais e a abundancia das reservas alimenticias.

- Samain: era a festa máis importante. Tiña lugar o 1 de novembro e dedicábase a Samain, deus da morte e dos malos espíritos. Este día significaba que comezaba unha etapa: o inverno.

Durante os días previos ao Samain, tiñan lugar innumerables sacrificios de animais. Ademais de ter un carácter relixioso, facíanse para aprovisionárense de carne e de pel para o inverno. Era a súa peculiar "matanza", como a que se fai no rural galego.

Os celtas crían que esa noite se abría unha "porta" , a dimensión dos vivos quedaba en comunicación coa dimensión do mundo dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante esas horas acendíanse fogos coa intención de poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopasen aos seus parentes. Pola contra os guerreiros celtas colocaban unha pequena candea nas caveiras dos seus inimigos derrotados para escorrentar aos seus espíritos.

Dende hai séculos esta tradición mantense viva en Galicia. Era costume tallar nabos de gran tamaño, e posteriormente cabazas, para pórlles dentro candeas. Hai unha serie de costumes ancestrais por esta data, como deixar un espazo na mesa ou racións de comida para os defuntos, ou facer colares con castañas novas. Tamén, non hai moito, na noite previa á festa cristiá de Defuntos, tallábanse cabazas e poñíanse nas encrucilladas dos camiños para asustar á xente. Na comarca de Ferrolterra os nenos preparan as tradicionais cabazas cunha candea no interior, que manterán acendida durante toda a noite para escorrentaren ás meigas.

Na actualidade, os veciños de Cedeira celebran a noite de Santos dende hai oito anos grazas á asociación cultural "Chirlateira". Centos de persoas, nenos na súa meirande parte, saen á rúa con cabazas talladas en forma de caveira cunha candea acendida no seu interior. A festa adoita comezar ó redor das cinco do serán e faise un percorrido polos canellóns máis escuros da vila ao compás da música dun tambor.

No Concello da Illa de Arousa os nenos érguense antes de que saia o sol e percorren as rúas e tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada tradicional: "unha limosniña polos defuntiños que van alá". Reciben cartos, laranxas, lapis, boliños de pan e lambetadas.

E en Xil, una parroquia do concello de Meaño na ladeira do monte, entre o lusco e o fusco os seus habitantes soben en procesión ao cemiterio levando velas. Dende abaixo, obsérvase unha "santa compaña" de luces oscilantes, e no mesmo cemiterio non son poucas as viúvas que ficaron toda a noite alí, velando aos seus mortos.

Se cadra, é con esa e con outras tantas tradicións coas que hoxe en día se seguen a facer pervivir os antigos ritos celtas do Samain na nosa terra.



Maís en Vieros Escola

Máis en Cultura Galega


Libro. Samaín.A Festa das Caliveras

Libro conto de Pepe Carreiro

Materiais para o Samaín

Guía de lectura para o Samaín

Outro vídeo presentación "youtube" feito por mín con algunhas cabazas no 2008

Fotos de cabazas
Ceip "A Seca"

Historias do Samaín
Categoría: Historia Galega - Publicado o 23-10-2009 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia , a tempestade do 36

Categoría: Historia Galega - Publicado o 12-10-2009 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Gallaecia o país esquecido.
Categoría: Historia Galega - Publicado o 12-04-2009 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Historias da Galiza.








A ruta do gando.

O comercio.

Domingo Fontán. Xeógrafo.

Cruz Galléstegui. Mellorando o millo.

Ramón María Aller. Matemático e científico astronómico.
Categoría: Historia Galega - Publicado o 12-04-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Alonso Ríos. Unha historia da Resistencia
Categoría: Historia Galega - Publicado o 12-04-2009 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0