Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A historia de dous músicos
Chegou a min unha desas moitas presentacións power point que rulan na rede cunha historia real conmovedora. Aquí vola deixo. Axiña lla mando tamén a un compañeiro que colga estas presentacións (en galego) na súa páxina. O enderezo está nos meus recomendados: "PPS en Galego".


"A historia de dous músicos"


Refírese a dous dos tres tenores - Luciano Pavarotti, Plácido Domingo e Xosé Carreras que emocionaron ó mundo cantando xuntos.
Case todo o mundo sabe da rivalidade existente entre os cataláns e os madrileños, xa que os cataláns loitan pola súa autonomía nunha España dominada por Madrid.
Pois ben, Plácido Domingo é madrileño e José Carreras é catalán.
Por cuestións políticas, en 1984, Carreras e Domingo volvéronse inimigos.
Sempre moi solicitados en todas partes do mundo, ámbolos dous facían constar nos seus contratos que só se presentarían en determinado espectáculo se o adversario non fose invitado.
En 1987, a Carreras apareceulle un inimigo moito máis implacable que o seu rival Plácido Domingo.
Sorprendeuno un diagnostico terrible: leucemia!!

A súa loita contra o cángro foi moi sufrida. Someteuse a varios tratamentos ademais do auto-transplante da médula ósea, o cambio de sangue que o obrigaba a viaxar unha vez por mes a Estados Unidos.
Nestas condicións no podía traballar e a pesar de ser dono dunha razoable fortuna, os altos custos das viaxes e do tratamento debilitaron as súas finanzas.
Cando non tivo máis condicións financieiras, tomou coñecemento da existencia dunha fundación en Madrid, cuxa finalidade única era apoiar o tratamento de leucémicos.
Sorprendendo a Plácido nunha das súas presentaciones en Madrid, Carreras interrumpeu o evento e humildemente, axeonllouse ós seus pés, pediulle desculpas e agradeceulle públicamente o que fixo.
Plácido axudouno a levantarse e con unha forte aperta selaron o inicio dunha grande amizade".
Nunha entrevista a Plácido Domingo, a periodista lle preguntaba por que había creado a fundación "Hermosa" nun momento en que, ademais de beneficiar a un ?inimigo", axudara ó único artista que podería facerlle a competencia.
A súa resposta foi curta e definitiva:

"Porque non se pode perder unha voz como esa..."

"Esta é unha historia real da nobreza humana e debería servirnos de inspiración e exemplo"...

Cando vexades unha estrela fugaz
Gárdadea no voso corazón
É o alma de alguén que conseguiu
Dar ós seus o seu amor...

Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 05-09-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Contos dixitais con audio

Ver os contos

Na ligazón que marcamos podes ver un montón de contos en ligua portuguesa. Tes posibilidade de escoitalos e lelos ó mesmo tempo.
Un dos que xa vin, e que é moi simpatico é o dos Trabalinguas.
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 24-06-2009 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
O verbo
Un conto de Manuel Lugrís Freire.

O VERBO


Nos tempos en que Zoroastro recibía no ceo do deus Ormuzd ?a palabra de vida?, - seis mil anos denantes do nacemento do noso señor Xesucristo, - había unha comarca fermosa e farturenta, nomeada Anthorque, que lindaba coas augas do mar Caspio.
En ningures, non sendo no occidente da Iberia, podía acharse terra máis deleitosa.
As saudades polos eidos nativos comezaron a xurdir nas almas dos anthorqueses, que vagaban polo paraiso dos persas.
- Señor- , dixéronlle unha vez á Ormuzd, - O ceo que nos donástedes non pode ser mellor; mais nós temos lembranzas feridoras pola doce e doada terra de Anthorque.
Por que, oh Deus, non nos facedes a mercede de axeitar un curruncho deste ceo de maneira que teña os arboredos vizosos, as campiñas ridentes, as augas espellantes e quedas daquelas meigas terras nas que quedaron os nosos corpos mortais?
E Ormuzd víu que aquelo era bo. Mandou chamar ao arquitecto celeste, e fixo un ceo aparte para os anthorqueses.
-Oh, meu Deus Ormuzd, - díxolle o porteiro maior; - podente é a vosa vontade, que comprida será. Mais polo que me toca a min, terei unha grave dificultade. Como ese lugar é tan feiticeiro, tódalas almas que entren cobizarano. De que xeito hei de compoñerme para que non entren nel máis que as almas dos anthorqueses?
E Ormuzd respondeulle:
- Un sinal divino teñen as almas: o verbo, palabra de vida que existía antes da auga, do ceo, da terra e tódolos animais. El distingue as criaturas.Quen non fale o anthorqués non entrará no paraiso.
Quedou convencido o porteiro.
Un día petaron na porta do ceo.
- Quen chama?
- Un anthorqués que quere entrar na parte do ceo que lle corresponde.
- Ti non es anthorqués porque falas o zendo.
- Eu nacín en Anthorque.
- Pois fala entón na túa lingua.
- Non a aprendín porque era fala de sudras.
- Pois daquela non entrarás. O sinal divino do verbo nativo non brilla no teu espíritu.
- E a onde teño que ir entón?
- Ao inferno, que no ceo non poden ser admitidos os desleigados que faltan á lei de Ormuzd.


ASIEUMEDRE
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 29-01-2009 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Falar
"Falar". Un conto de Sechu Sende de "Made en Galiza". Coido que xa vai na cuarta edición.

"Teño un ano e poucos días e cando escoito Clara presto atención.
Escoito as persoas que viven nesta casa e aprendo cousas todos os días. Mamá ten outro nome que é Laura e cando mamá chama por Tomás sei que ese é papá. De vez en cando veñen outras persoas á casa, e as que teñen enrugas nos ollos e sempre están rindo son o avó e a avoa. Tamén está Rula, que é pequeniña e vive dentro dunha gaiola.

Sei que estou nunha idade complicada porque o día menos pensado teño que comezar a falar, que é algo que non se fai todos os días. Falara facilita moito as cousas. Cando saiba falar por fin van saber que se choro de noite non sempre é porque teña sede ou me doia a barriga, porque ás veces soño cousas que non entendo. As cousas que non entendo son moitas aínda que hai unha que me preocupa especialmente.

Nesta casa falan dunha forma moi estraña. A mamá, a papá e aos avós cando están comendo, por exemplo, escóitolles palabras como Sopa, Pásame o pan, Un pouco de sal ou Biscoito. Eu poño o oído e escoito e vou aprendendo.

Rula é unha persoa diferente, fala dunha maneira que se chama cantar ou asubiar, que llo escoito a mamá: Que ben canta Rula, ou Asubía un pouquiño, Ruliña. Antes cando estaba soa ás veces intantaba falar con Rula, pero nunca sabía o que quería dicir. Como Rula só sei dicir ffffi ou ffffu.

Aínda que ese non é o problema, porque realmente ninguén fala como Rula nesta casa. Mamá dille de cando en vez cousas lindas: A ver, bonitiña, aquí che traio alpiste; mais dillo como fala mamá, sen ruídos raros.

O problema é que de escoitar falar a mamá, papá e os avós eu xa sei polo menos cen palabras como Peido, Pis, A nena ten fame, Xa é de noite, Esta nena é moi tranquila e moi lista, Vai chover e cousas así. Eu escoito e gardo esas palabras para min e repítoas por dentro. Hai moitas palabras que escoito que aínda non comprendo como Quilómetro, Enciclopedia ou Empanada de xoubas.

O problema que teño é que, por exemplo, mamá cando fala de min con papá di A nena está esperta e de repente ven onda min e dime: Ay, mi niña, que ya despertó, ya despertastes, Clara? Eu sei que Clara son eu, mais aínda non sei por que me chama Mi niña se eu son A súa nena. Papá fai o mesmo, está falando coa avoa e di A nena debe ter fame e vén e dime Clara, cosita, tienes hambre? Eu abro moito os ollos, intentando comprender que pasa aquí.

É unha situación estraña que se repite continuamente. Entre eles non, mais comigo cambian de forma de falar.

E agora estou nun dilema porque penso que están esperando a que eu me poña a falar un día destes. Eu xa sei dicir Ma-má en segredo. Dígoo cando estou soa porque quero practicar e teño medo de que cando o vaia a dicir por primeira vez saia mal. Mais o meu dilema é que non sei se botar a falar como falan meus pais cando falan entre eles e con meus avós ou se poñerme a falar desa outra maneira que me falan a min.

Rula polo menos sempre fala igual.

Eu é que a meus pais non os acabo de entender. De momento vou esperar un pouco, a ver se se aclaran. Aínda que, se non queren que fale como eles, as súas razóns terán. Digo eu..."
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 26-01-2009 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
Balea Varada
Preséntovos un "conto" que narra varias lendas que "aconteceron" polas bisbarras das Rías Baixas. Leva por título o de Balea Varada. Aquí vai unha desas lendas:


"S. Barandán ou San Brandán, prior de máis de tres mil monxes, das terras de Irlanda, buscando o paraíso, viuse un día envolto nun Nubeiro viaxando nun dos seus barcos, e arrastrado polos ventos foi parar preto dunha das nosas illas. Como aínda non tocaba terra, unha balea protexida polos mouros deulle un empuxón e arrastrouno dentro da ría . O santo salvouse pero a balea quedou varada e non puído saír. San Brandán sentíuse tan agradecido que implorou durante noventa días e noventa noites ós deuses pola balea, conseguindo deste xeito, que aínda hoxe se poida ver a ?Balea Varada? (Illa de Tambo) dentro da ría de Pontevedra, no mesmo sitio onde quedara encallada".

Ver o conto no cole
Ver o conto en Galicia Encantada
Galicia Encantada
CEIP A Seca
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 01-01-2009 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0