Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os amuletos das letras
Podes ver os contos dos amuletos en power point ou tipo libro en ISSU





Traballo feito polos rapaces de 4º nivel do CEIP Campolongo para a XIII Edición do Salón do Libro de Pontevedra, que se inagurou este domingo e estará aberto todo o mes de marzo no Pazo da Cultura de Pontevedra.


O autor homenaxeado este ano é Paco Martín.

Ver algúnhas fotos do que se pode ver no Salón.

Ver a programación ou actividades que vai haber durante este mes de marzo na páxina web do Salon do Libro.

Tamén no anterior ligazón podes baixar o programa de actividades.
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 04-03-2012 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Os fantásticos libros voadores


Unha bonita curtametraxe de animación á lectura explicando as marabillas que podemos atopar nas historias que hai nos libros.
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 29-01-2012 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
A lenda do Monte Pindo

O MONTE PINDO


Está sobre o río Xallas, entre os concellos de Carnota e Mazaricos, mide 627 metros sobre o nivel do mar. É un macizo de granito. Ten numerosas especies de fauna e flora que se desenvolven en tan só 5 km cadrados (500 ha). Está ateigado de formacións como domos, nubbins, relevos acastelados, tors, microformas tipo gnama (pías) e tafone (cacholas). Cara o norte do macizo discorre o río Xallas encaixado a uns 300 metros de altitude.

O seu patrimonio máis importantes é:

O castelo de san Xurxo, A Moa, a mina de wolframio do chan de Lourenzo, rego dos muíños, monte Penafiel e a aldea turística de San Cibrán.
Houbo fuxidos agochados Guerra Civil.

As lendas máis importantes son:

Castelo de San Xurxo

No século XII pertenceu a Rodrigo Pérez de Traba e converteuse en refuxio para ladróns, así que o
Arcebispo Xelmírez excomungouno. Os buscadores de tesouros pensaron que pertencera a Raíña
Lupa e son os responsables do seu estado actual de saqueo reducido a unha acumulación de pedra.

A Moa

Segundo un autor atopouse alí un medallón de bronce. Mina de wolframio do chan de Lourenzo:
Era unha mina de wolframio na Segunda Guerra
Mundial para facer armamento para os alemáns.
Monte Penafiel
Houbo unha fortaleza medieval no século XX. Destruída polos Irmandiños.

A Casa da Xoana

É tradición, igualmente, que un crego confesaba naquel lugar, no que, ao tempo, se teñen producidas aparicións do demo. Tamén parece que, na noite de San Xoán, as bruxas ascendían até a Casa da Xoana para practicaren, como acostuman, no día do solsticio de verán, os seus ritos
satánicos, dados todos que suxiren a existencia de aquelares ou exorcizacións. Algunhas versións
apuntan ao feito de que as luces poden ser debidas á presenza da compaña, inda que isto é
contraditorio coa idea espallada da zona de que a Santa Compaña nunca anda no monte, senón nos
camiños.

A Raíña Lupa áchase soterrada no Pindo:

No chamado Alto do Ézaro, mesmo enriba da fervenza
do Xallas, existe unha pegada semellante que a lenda atribúe á deixada por Cristo, que dun chimpo
chegou dende alí até Fisterra.

A lenda prosegue dicindo que o tesouro consiste
en sete millóns de ouro na cabeza da raíña e outros sete nos pés. Hai quen di, sen embargo que a raíña ten na súa campá un cabezal de ouro. Outros que está soterrada dentro dun cadaleito de prata no castelo do Monte Pedrullo, en Quilmas, ou que con ela fica unha ola chea de ouro,
circunstancias que nos fan lembrar toda unha liña mítica de tesouros agochados nos castros.


Ver lenda da Raíña Lupa

Artigo relacionado:

Queremos que o Monte Pindo sexa Parque Natural
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 25-01-2012 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Balea Varada e outros contos máis de Poio


Ver o conto en Galicia Encantada
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 20-01-2012 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
E decímolo ou non o decimos


Un conto de Anxel Fole do libro "Historias que ninguén cre".

O conto foi rodado en 1985 nas rúas de Pontevedra. Pódese ver unha panarómica delas nestas datas. Non cambian moito pero agora xa van sendo un recordo histórico para moitos.
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 07-01-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0