Moi señores meus:
Pola presente lamento comunicarlles que decidín pagar un 5% menos no recibo mensual da hipoteca que teño co seu banco. foi unha decisión difícil pero me é imprescindible recortar gastos para salvar a miña economía particular e reducir o meu déficit.
En situacións como esta é cando todos debemos arrimar o ombreiro polo que lles pido comprensión e solidariedade.
Á fin e ao cabo eu, como o resto de cidadáns, colaborei no seu día na inxección de liquidez que recibiron vostedes para salvar o sistema
financeiro.
En realidade vinme forzado a tomar esta decisión porque os meus pais, ao ver o saldo da miña conta corrente, temen verse na obrigación de deixarme
diñeiro e vostedes, como banqueiros que son, saben mellor que ninguén que non ten sentido pór capital se non é para conseguir pingües beneficios.
Informeime e sei que é lícito tomar este tipo de decisións de forma unilateral e sen previa negociación (Hai precedentes, ver declaracións do
Presidente do Goberno no parlamento o pasado 12 de maio).
Aproveito a ocasión para comunicarlles que xa dispoño de suficientes tixolas e non necesito que me regalen ningunha máis.
Atentamente,
Un funcionario hipotecado. |