Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proposta

Categoría: Humor - Publicado o 21-11-2009 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Sabiduría dunha nai
1. A miña nai ensinoume a APRECIAR UN TRABALLO BEN FEITO:
Se te vas matar, faino fóra. Acabo de limpar!!!'

2. A miña nai ensinoume RELIXIÓN:
'Mellor reza para que lle saia a mancha á alfombra

3. A miña nai ensinoume LÓXICA:
Porque o digo eu, ... e punto.

4. A miña nai ensinoume PREDICIÓNS:
?Pon roupa interior limpa e sen rotos por se ten
un accidente?

5. A miña nai ensinoume IRONÍA:
Segue chorando por nada e vouche a dar eu unha razón para que chores.

6. A miña nai ensinoume a ser AFORRATIVO:
'Garda esas bágoas para cando eu me morra.

7. A miña nai ensinoume OSMOSIS:
'¡Pecha a boca e come!'

8. A miña nai ensinoume CONTORSIONISMO:
'Mira a roña que tes nesa caluga.

9. A miña nai ensinoume FORZA DE VONTADE:
' Vaite quedar sentado ata que termine a sopa.

10. A miña nai ensinoume METEOROLOXÍA:
'Parece que un furacán pasou polo teu cuarto.

11. A miña nai ensinoume PARADOXOS:
Díxenche un millón de veces que non esaxeres.

12. A miña nai ensinoume MODIFICACIÓNS DE PATRÓNS DE COMPORTAMENTO:
Es igualiño a teu pai.

13. A miña nai ensinoume ENVEXA E MATEMÁTICAS:
Hai millóns de nenos menos afortunados neste mundo que non todos teñen pais tan marabillosos como ti.

14. A miña mamá ensinoume habilidades como VENTRILOQUÍA:
'Non me refungues, cala e contéstame: Por que o fixeches?'

15. A miña nai ensinoume técnicas de ODONTOLOXÍA:
Vólveme a contestar así e estámpoche os dentes na parede.

GRAZAS MAMI !!!!!
Categoría: Humor - Publicado o 17-11-2009 03:36
# Ligazón permanente a este artigo
Mi agüita amarilla



Categoría: Humor - Publicado o 17-11-2009 03:14
# Ligazón permanente a este artigo
As SUPER MAMÁS
Un día ía camiñando pola rúa xunto coa miña filla de catro anos. Ela levantou algo do chan e levouno á boca.
Alcancei a quitarllo antes de que o levase á súa boca e díxenlle que non debía facer iso.

- Por que mamá? - preguntoume con curiosidade
- Eu respondinlle con serenidade - Porque está no chan e non sabes en cantos lugares máis estivo, ademais de que está sucio e de seguro está cheo de microbios-
A miña filla virou a verme cunha gran admiración e díxome -Como sabes tanto, mamá? Es moi lista!!!

Pensei axiña e contesteille:

-Todas as mamás sabemos todo iso pois está no "exame de mamás" e tes que aprendelo ou non che deixan ser mamá.
- Ah, xa entendín!!!- respondeume - E se non pasas ese exame entón tes que ser o papá.

- EXACTO!!!!!!- díxenlle cun gran sorriso.
Categoría: Humor - Publicado o 17-11-2009 02:57
# Ligazón permanente a este artigo
Bilingüista

Categoría: Humor - Publicado o 08-11-2009 07:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0