Na páxina da Xunta hai para cada nivel do CELGA (1, 2, 3, 4)unhas unidades didácticas. Tedes que clicar nos menús que hai na esquerda para entrar nas unidades didácticas.
Logo hai varios sitios onde atopar exercicios variados, non específicos do CELGA, pero si moi bos para aprender mellor o galego. Algúns son:
Na punta da lingua, páxina de Rosa Salgueiro. Nesta páxina tamén moitos enderezos doutras páxinas para facer máis exercicios.
ogalego.eu de Anxo González Guerra/ Vitoria Ogando Valcárcel
"Fóra prexuízos, falsas teses de imposición lingüística, fóra tópicos. A plataforma Prolingua presentará o vindeiro venres 5 de febreiro o libro '55 mentiras sobre a lingua galega'. A publicación, coordinada polo profesor Xosé Henrique Costas, pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.?
Pero un dos aspectos máis chamativos da presentación do 5 de febreiro e que se fará de xeito simultáneo en máis de medio cento de cidades e vilas de Galiza e do estranxeiro. Así, á mesma hora, diferentes persoas encargaranse de dar a coñecer a publicación nas principais cabezas de comarca do país; en cinco localidades do Estado Español (Ponferrada, Madrid, Barcelona, Gasteiz e Trintxerpe). O libro tamén se dará a coñecer esa mesmas xornada en Tübingen, Bos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas e Copenhague."
En Pontevedra será na Galería Sargadelos (ás 20,30 h) , r/Oliva.
Engádese o 1º comentario:
A comarca do Morrazo sumarase mañá venres 5 de febreiro ás presentacións mundiais do libro '55 mentiras sobre a lingua galega' elaborado pola plataforma en defensa do noso idioma ProLingua. O acto terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Cangas, no Centro Cultural Daniel Castelao de Moaña e mais no Museo Massó de Bueu, onde intervirá a poeta Lucía Novas.
Méndez Ferrín será o novo presidente da RAG. A súa candidatura foi a única presentada.
Nunha entrevista, entre outras cousas explica que a única maneira de aprender unha lingua é por inmersión lingüística. Como nos aconteceu a todos co castelán.
----------------------------
Ingresou na Real Academia Galega no 2000 pronunciando un discurso sobre a poesía medieval galega. Dez anos despois, o seu nome oíuse alto e claro desde que caeu o primeiro gran de area do reloxo que marcaba o tempo de Xosé Ramón Barreiro á fronte da institución. E aínda que se mostrou disposto a retirar a súa candidatura se perigaba o consenso, finalmente non fixo falla. Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) converterase este sábado, 23 de xaneiro, en presidente da RAG despois dunha partida que gañou sen contestación: xogouna contra si mesmo
................. P: Pois no plano da lingua xa deu a súa resposta: un suspenso rotundo ás bases do decreto. Cal é a postura persoal de Méndez Ferrín a respecto do borrador?
R: A título persoal, eu coincido con todos os puntos da Academia, igual que a totalidade dos académicos. Foi aprobado xa non só por unanimidade, senon por aclamación (enfatiza o termo 'aclamación')
P: Con que termo definiría ese borrador?
R: Creo que algún académico dixo 'trapallada'... (ri) É algo así. É unha cousa que non ten solidez, que ten moitos defectos, non é satisfactorio para ninguén que queira defender o idioma e que queira frear o seu proceso de desaparición e descomposición. Así se viu nos apoios que recibiu a resposta da Academia.
''Inmersión lingüística é o que me fixeron a min educándome en castelán''