Xa pariu a porca. Educación marca o idioma das troncais e os centros terán que decidir as restantes. As matemáticas en castelán e o coñecemento en galego. Agora deciden eles polos todos, e iso non é imposicíón ... Son uns fenómenos.
Meten parte do follón nos centros, que pelexen os mestres, a liberdade de cátedra polo chan, hai que repartir pois o castelán estaba en perigo.
Tamén, cada catro anos, os pais poden remexer a cuadra, cambiando a orde dos factores, ou sexa que igual se vai poderá dicir "Desván de los Monjes" en vez de Sobrado dos Monxes. Todo se andará.
E por suposto, os alumnos, pobriños eles, agora xa máís felices, xa teñen máis autoridade e poden dicir que falan ou escriben nas materias o que lles peta, ou sexa o único que saben, o castelán. Ti programa no que queiras que farán o que queiran.
Isto chámase defender ó galego. "La lengua de la Coz de Galicia al poder".