"Aprender galego causa prexuízos psicolóxicos nos nenos".
Esta foi unha das afirmacións que Gloria Lago, presidenta da asociación Galicia Bilingüe, que fixo xa fai un tempo na axencia de noticias Europa Press e da que se fixeron eco numerosos medios do país, como
Vieiros e Galicia Hoxe.
Entre outras afirmacións, a representante deste colectivo contrario á normalización do galego asegura que o Decreto do galego no ensino pode causar ?prexuízos psicolóxicos moi grandes? entre o estudantado de Infantil por ?obrigalos a aprender un idioma que non é o seu?. Ademais, na súa opinión, a causa do fracaso escolar e de todos os males do sistema educativo é o ensino do galego, que considera ?unha barbaridade?.
Agora o día 8 de febreiro súmanse a manisfestación orgazizada por Galicia Bilingüe algúns representantes políticos: Corina Porro, Carlos Negreira ... E vaí Feijoo e defende que os seus "elixidos" defendan a Galicia Bilingue.
Marcha Palmou, sobe "escaños" Corina Porro. Para onde vai o norte do PP?
Mediante unha sentenza ditada o pasado luns, o xulgado do contencioso-administrativo número tres da Coruña botou por terra o recurso da Asociación Gallega para la Libertad de Idioma (AGLI), contra o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, de funcionarios do corpo administrativo da Xunta e que, en virtude da orde ditada pola Consellería de Presidencia, inclúe un exame que, obrigatoriamente, se debe superar en lingua galega.
O Estado ten feito moi pouco por adecuar a súa Administración ao réxime da cooficialidade lingüística establecida polo artigo 3.2, que establece que ?a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección?.
"A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística" vén realizando unha actividade continuada neses dous ámbitos institucionais con propostas que se traduzan en iniciativas lexislativas que artellen un sistema normativo que regule o uso das linguas cooficiais nesas institucións, por unha banda, e, por outra, campañas de sensibilización que van mudando os hábitos e actitudes lingüísticas dos funcionarios públicos adscritos a elas."
Recentemente fíxose unha xuntanza con diferentes organismos dependentes da administracións do estado: policía, xuices, garda civil, etc.
O resultado dos debates é a chamada ?Declaración de Aciveiro?, na que se recollen as demandas para axilizar o proceso normalización consonte co réxime de cooficialidade lingüística vixente. Considerouse preciso seguir avanzando na mellora do uso do galego cunha serie de medidas : Capacitación lingüística do persoal dos organismos representados, e presenza nos servizos de atención ao público da administración xudicial e policial de persoal abondo capacitado, debendo ser dito aspecto especialmente valorado nos plans de calidade ou avalación dos servizos. Estimouse relevante promover o uso da lingua galega nas intervencións públicas e comunicados de prensa. Asemade, os xuíces e maxistrados participantes, propoñen levar a cabo unha serie de experiencias piloto en distintos órganos xudiciais galegos nas que as relacións mutuas entre xulgados e policia se desenvolvan tamén en galego, imprescindibles para difundir a normalización lingüística.
Aínda andamos con experiencias piloto!. A este paso non sei se nos esnafraremos antes.
Non hai que perder a esperanza e benvida sexan estas novas.
Entra na ligazón e clica no vídeo que hai a dereita(como a imaxe deste artigo). Repararás sobre a "acepción" do concepto normal e anormal. Os "circunloquios?" ás veces traiciónannos ou ...tamén son difíciles de interpretar. Dende logo quedar quedou "simpático", e non o digo con sarcasmo. A quen non lle pasou algo parecido?
Os outros vídeos na mesma ligazón tamén falan sobre a anormalidade que se vive na nosa terra respecto da cultura e a lingua en particular.
Na década dos setenta un grupo de mozos pularon por construír un cinema nacional galego, producido en torno a nítidos referentes identitarios como a lingua, a literatura galega ou o mundo rural. As curtametraxes rodáronse en 35mm e foron producidas por Víctor Ruppén, quen actuou como verdadeiro mecenas dos comezos do cinema galego. Curtametraxes: Fendetestas - O cadeleito - O pai de Migueliño (Castelao) - e O Herdeiro.
"O pai de Migueliño"
?..O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados como era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
?..Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas en procura do pai ensoñado.
?..De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sentiu por el un grande amor, e canto máis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
?..Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecía por bicalo a fartar.
?..¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasou de largo e nin tan sequera reparou en que o seguían os ollos angurentos dun neno.