Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrega do Premio X. M. Pintos á CGENL e a Aula Castelao
De Xoan Manuel Pintos


Mañá venres 25 de novembro, ás 21:30 h, no Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira - Pontevedra), o Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) entregaralles o Premio Xoán Manuel Pintos 2011 de impulso da normalización lingüística á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL) e á Aula Castelao de Filosofía.

No acto intervirán a soprano Concepción Rodríguez, acompañada polo piano de José Agustín Candisano. Interpretarán os poemas "As lixeiras anduriñas" (Golpe Varela), "As froliñas dos toxos"(Noriega Varela), "Meus amores" (Golpe Varela) e ?Os teus ollos? (Curros Enríquez).

Ao remate do acto, servirase un viño.

Esperamos que os máis achegados a Pontevedra poidades asistir.

Acto de entrega


Máis
Categoría: Galego - Publicado o 24-11-2011 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
A CRTVG pública


Un maxistral Carlos Blanco comenta o necesario que é ter un medio audiovisual na lingua dun pobo.
Categoría: Galego - Publicado o 22-11-2011 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Un andaluz dando clases de como falar galego.


Un andaluz que vive en galego, con gheada incluída.

"Perder o medo e usalo", foron as claves para aprendelo tal e como hoxe o fai.

Haberá que ir tomando nota.



Categoría: Galego - Publicado o 14-11-2011 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Prolingua e os Premios da Cultura Galega
A Plataforma Prolingua fai un chamamento ós premiados na 2ª Edición dos Premios Da Cultura Galega a non abonaren coa súa presenza as agresións contra o dereito a vivir libre e plenamente no idioma galego.

Outra das últimas accións de Prolingua foi enviar unha carta ó Presidente da Diputación da Coruña criticando a actitude da responsable da área de Normalización Lingüística, onde nunha entrevista que lle fixeron na prensa, alega a liberdade de expresión para dicir que ela fala normalmente castelán.

Coido que como persoa pode ter razón, pero como funcionaria, primeiro dun concello, e logo como diputada responsable, nada máis e nada menos, da área de Normalizaciónn Lingüística na Diputacion da Coruña, pois vai a ser que non é así. Ou seica non temos obrigas?

Imos recordarlle a esta señora o Artigo 3º da Lingua na Administración (aínda que neste caso sexa no ámbito educativo).

E por se non lle chega, podemos tamén falar da Lingua de referencia inicial, consensuada polos tres partidos que hai na cámara autonómica.
Categoría: Galego - Publicado o 13-11-2011 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Historia do Galego e os Dereitos Lingüísticos


Este martes 15 de novembro , remata a exposición da "Historia da Galiza e os Dereitos Lingüísticos".

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra.

Na mesma biblioteca e relacionado coa exposición están estes dous vídeos.
Categoría: Galego - Publicado o 12-11-2011 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0