Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Realidade Plurilingüe
Categoría: Galego - Publicado o 28-03-2009 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Anécdota co bidueiro
O outro día unha filla miña, de 8 anos, estivo nunha xornada escolar sobre o "Día da árbore" no edificio novo en Pontevedra da Xunta de Galicia.Resulta que lle deron un tarro pequeno cunhas sementes para plantar. No envoltorio das sementes traía o nome da planta: primeiro o nome científico, logo o nome en galego e logo en castelán. Ela, tan pequena, pero xa atenta a algunhas cuestións que pasan co galego, escoitoime ler a min "bidueiro", e non abedul - a planta que trouxo ela- é axiña me comenta, sabes papá? Os nenos lian todos o nome da árbore en galego. Era unha sorpresa porque os seus compañeir@s de clase son todos castelán falantes.

Por que lian tod@s en Galego? Simplemente porque estaba antes co castelán.

Cantas veces ocorre isto na vida cotiá? Cal é a lingua que sempre está de segundo prato? Cal é a lingua marxinada?.
Esta pequena anécdota ben a conto porque ma recordou a parábola ilustrativa do "Caixeiro automático", de Victor Freixanes, que publica o bloque das "Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra"
Categoría: Galego - Publicado o 27-03-2009 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Nunca choveu que non escampara.
Faralle caso o futuro governo a esta esperanzadora nova?.

O PARLAMENTO EUROPEO REXEITA O DEREITO A ELIXIR A LINGUA DE EDUCACIÓN DOS FILLOS.

-A EUROCÁMARA aprobou un texto alternativo de PSOE, CIU, PNV, EA e ICV en defensa do modelo lingüístico catalán.

-Considera "esencial" protexer o multilingüismo nalgunhas zonas.

-Os pais non poderán elixir a lingua na que han de educarse os seus fillos nos países en que, como España, coexisten varios idiomas oficiais.

Así o decidiu o pleno do Parlamento Europeo, que rexeitou o informe sobre multilingüismo que pedía garantir o dereito a elixir sempre o idioma de escolarización dos fillos.
En cambio, aprobou un texto alternativo do PSOE, CIU, PNV, EA e ICV en defensa do modelo lingüístico catalán.
A unión da maior parte dos eurodiputados socialistas, liberais, verdes e do grupo da Esquerda Unitaria Europea serviu para sacar adiante o documento, que recibiu 335 votos a favor, 279 en contra e 69 abstencións.

Ver en "A Nosa Terra"

"La Coz"


Categoría: Galego - Publicado o 24-03-2009 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Reagrupémonos. Convocatoria
Reproduzo aquí a convocatoria que se está facendo para este sábado en Santiago para os Equipos de Normalización Lingüística dos centros educativos. Tedes o mapa e ligazón deste artigo no bloque "Na punta da lingua":

"Ola a todos/as

Somos un grupo de persoas que está a traballar en ENDL de diferentes centros de Ensino da zona de Santiago que nos xuntamos para falarmos de como podemos afrontar a nova situación canto á normalización da nosa lingua. Dado que as cousas van mudar, e parece que non para ben, consideramos que é necesario transmitirlle á sociedade e ao novo goberno o que pensamos ao respecto dos cambios anunciados. Por iso vos convocamos a unha reunión que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte:

-Avaliarmos a posibilidade de facermos pública a nosa posición canto ao Decreto 124/2007, que se quere derogar. Levaremos un texto base para consensuarmos antes de mandalo aos medios. Sería un texto de carácter técnico, como normalizadores que somos, e para nada incompatible con outros posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao respecto.

-Pensarmos na posibilidade de crearmos unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular, nos nosos centros, como en xeral, na sociedade.

Por favor, comunicádelle esta convocatoria a todos cantos membros dos ENDL coñezades, e que polos motivos que foren non leron esta información. Agardamos contar coa vosa asistencia para entre todos poder traballar para conseguir obxectivos normalizadores.

Por favor, confirmade asistencia, se é posíbel, enviando un correo a miguel.louzao@gmail.com"

Miguel Louzao (IES Coroso-Ribeira)
Valentina Formoso (IES Félix Muriel-Rianxo)
Román Cerqueiro (CPI don Aurelio-Cuntis)
Xesús Mosquera (CRA de Santa Comba)
Luís Aldegunde (CPI de Rois)
Sara Paz (CPI da Baña)
Pila Buela (IES de Valga)
Gracia Sanctorum (IES Pintor Colmeiro-Silleda)
Sechu Sende (IES Marco do Camballón-Vila de Cruces)
Daniel Asorei (CPI de Touro)
Xoán Constenla (CPI de Portas)
Ana Rial (IES de Caldas

A esta lista tamén me sumo eu:
Antonio Ferrer (Nito)dende Pontevedra.

do Ceip "A Seca" (Poio)
Categoría: Galego - Publicado o 23-03-2009 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
2013. Nova esperanza
A Real Academia Española (RAE) deixará, no 2013, de poñer "tonto", nos dicionarios, como sinónimo de galego. Curiosamente non saca a acepción de "tatexo". Teremos que facer campaña disto tamén, aínda que hai outras cousas máis importantes nestes tempos revoltos.

Suponse que todos estamos dacordo coa eliminación desta acepción...?; nós incluso fixemos a nosa pequena aportación, pero coido que nos irán poñer outros moi parecidos, ou peores ... se deixamos morrer a nosa propia lingua.Estarían fóra de lugar? Como lle chamarías tí a esta situación? Esperpéntica, dantesca, kafkiana ...
No 2013 tamén son as próximas eleccións autonómicas galegas. Deixaremos de ser tan indeferentes coa nosa lingua?

Deixaremos de ser, nunha palabra .... linguicidas?


No 2013 teremos de novo unha esperanza se isto non se arranxa antes. ? Desexaría que así fose, pero que o arranxe este governo coido que vai ser como "Pedirlle landras a un castiñeiro". Comezemos xa a loitar contra esta fagocitación da nosa cultura: O 17 de maio a Santiago.

Garipano
Categoría: Galego - Publicado o 19-03-2009 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0