Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chamadas para o 17.
Vou poñendo algunha das últimas chamadas para non esquecer a obriga de "Petar na mesa" indo o 17 de maio a Santiago. Coido que nos xogamos moito neste día.

Préstame poñer, para despedir o mes de abril, e comezar o esperanzador mes de maio, o vídeo de loita de Xosé Afonso, na famosa Revolución dos Claveis: "Grándola Vila Morena"

O Presidente da Xunta incita ó incumprimento da Lexislación educativa.

a lingua lixeira, costela dura

Defensem la llengua

Gripe Antigalega

O Galego a nosa columna vertebral..

PP e Política Lingüística.

Unha lingua sentenciada nun país anestesiado!

Iñaqui Gabián

A lingua segundo Feijoo

Unha burrada máis.

Galicia confidencial.

Un Libro: "A decapitación da lingua"

"Un museo para a lingua". Un bo análise de Antón Dobao

Por que non son os exames do MIR en Galego?


Máis, e máis, e máis ...

Que está pasando?

Por que os pais/nais CONFAPA tamén queren o decreto.



Grândola, Vila Morena

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.


Categoría: Galego - Publicado o 29-04-2009 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto do Correlingua 2009

Manifesto gañador deste ano: Grupo de 4º da ESO do CPI de Panxón ( Nigrán).
"Galicia ten unha lingua propia moi antiga e fermosa, o galego. Debemos falala para así conservala como fixeron os nosos devanceiros que a pasaron de xeración en xeración, ás veces con moitas dificultades porque estivo prohibida nos Séculos Escuros e na posguerra. Afortunadamente mantivérona viva e hoxe temos o deber de mantela viva nós, falándoa en tódolos contextos, na escola, na rúa, no médico, nos fogares, na igrexa, cos amigos, nas discotecas, no noso tempo de lecer (gozando de libros, xornais, música, programas de televisión, documentais, vídeos, películas e obras de teatro en galego), demandando toda esta cultura en galego. De xeito que poidamos transmitírllela logo ós nosos fillos e perdure no tempo moitos séculos máis.

Somos os mozos e as mozas quen temos a obrigación de manter a lingua galega viva e hoxe en día a xuventude non fala moito en galego; xustifícanse dicindo que a súa familia lles fala en castelán e tamén os seus amigos, e que se senten máis cómodos falando en castelán. Mesmo hai rapaces e rapazas que opinan que o galego é unha lingua inferior que non serve para nada, razoamentos totalmente absurdos que se se lles fai caso, rematarán extinguindo a nosa lingua galega e tirarán por terra todo o labor feito polos nosos devanceiros e egrexios escritores e escritoras como Rosalía de Castro, Curros, Pondal, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Manuel Antonio, Cunqueiro, e outros moitos escritores que fixeron posible que o galego perdure no tempo na escrita. Mais non abonda, ten que perdurar tamén na fala, e ese é un labor noso, da xente nova en especial, pois somos o xerme para os que veñan despois e, se falamos en galego, faremos que se manteña viva a lingua galega nas vindeiras xeracións.

Parece mentira que de ser unha lingua de cultura en que se escribiron as cantigas medievais en toda a Península, aínda haxa xente hoxe que diga que a lingua galega é unha lingua inferior. Se foi unha lingua en que escribiron ata os reis- trobadores Afonso X o Sabio e Don Dinis de Portugal, como é que a historia posterior creou tal complexo de inferioridade nalgúns galegos e galegas, ata rexeitala completamente?. Hai quen non quere que se dean as clases en lingua galega nas áreas que pola Lei de Normalización Lingüística se teñen que dar en galego; que din que se está impoñendo o galego no ensino. Prefiren que os seus fillos e fillas aprendan inglés e non galego. Pódese falar en galego, sen que por iso deixemos de aprender outras linguas. Na actualidade o galego non se impón, mais ben o que se impón é o castelán, pois é a lingua maioritaria. Se non facemos por remedialo, seguirá a mesma situación, ou mesmo empeorará, e cada vez haberá menos número de galegofalantes novos, o que levará consigo que a lingua galega se perda. Está nas nosas mans cambiar a situación. Falemos en galego!."


Páxina web do Correlingua
Categoría: Galego - Publicado o 27-04-2009 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Selo Violeta
Os amig@s do Equipo de Normalización do IES de Breamo no seu blogue "As Gabarras" , agasalláronme co Selo de Cor Violeta. Se recibir un agasallo sempre é agradable, moito máis cando é de xente que non coñeces pero aprecia o teu traballo, e por suposto, moito máis o é aínda cando está envolto na cor violeta da maxia.


Cóntanme que: ?O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Como temos que cumprir os requisitos para estar envoltos nesta mensaxe de maxia, aquí deixamos as regras para aceptar o Selo Violeta:

- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisárllelo aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinaches ter.

Por suposto, eu acepto o Selo Violeta e declaro que para min son Blogues Violeta:

O Refraneiro

Acuática

A Coordinadora de Equipas de Normalización de Ferrol Terra

A Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística


Éme dificil poñer poderes, pero envoltos na cor violeta conque me agasallaron, direi que teño paciencia e constancia dabondo para seguir loitando por ser un mesmo, e non deixarse deborar pola voráxine das apariencias e das inxustizas; por iso non entendo como un se pode sentir galego renegando da súa lingua.

Nota: (As gabarras son embarcacións de construción sólida, pequenas e de fondo chato, destinadas á carga e descarga nos portos e tamén ao transporte de mercadorías pola costa)
Categoría: Galego - Publicado o 23-04-2009 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
A coordinadora de EDNL segue sumando apoios

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, constituída en Santiago de Compostela o pasado 28 de marzo, iniciou unha campaña de recollida de firmas en defensa do Decreto do galego no ensino non universitario, cuxa derrogación anunciou Alberto Núñez Feijóo.

A campaña de sinaturas é a primeira acción da coordinadora, que naceu para establecer dinámicas de colaboración entre os diferentes equipos que traballan nos centros de educación galegos. A primeira entrega terá lugar o vindeiro sábado 18, día en que tomará posesión o novo presidente da Xunta. Posteriormente, a medida que vaia avanzando a campaña iranse realizando máis entregas.

Satisfacción polos apoios recibidos

Esta iniciativa iniciouse hai cinco días hábiles e os promotores expresan nun comunicado a súa satisfacción polo apoio xa recibido, "máxime cando a adhesión require dunha reunión interna do equipo de cada centro". Para a coordinadora, "esta masiva resposta evidencia a preocupación dos equipos ante a revisión do marco lexislativo actual".

Os equipos de normalización lingüística traballan nos centros dependentes da Consellería de comunicación co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega. Estes grupos, que axudan a deseñar os programas de normalización lingüística de escolas e institutos, deben actuar baixo supervisón da dirección do centro e contan con membros do profesorado, o alumnado e o persoal non docente.

Nova na prensa.

En pouco tempo, xa máis de 300.
Categoría: Galego - Publicado o 15-04-2009 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua é o que nos une.
"A lingua é o que nos une e non debe ser usada para separarnos". Tallante mostrouse Carlos Calviño, presidente da Aula Castelao, que organiza a XXVI Semana Galega de Filosofía que deu comezo onte en Pontevedra. O Auditorio Caixanova acolle estas xornadas que este ano abordarán até o venres, día 17, distintos aspectos da Educación como o Plan Boloña, a materia de Educación para a Cidadanía ou como afecta o racismo á segregación nas aulas, entre outros temas.

"En Galicia, a educación padece as mesmas eivas de toda Europa occidental. Pero Galicia sofre un caso especial coa lingua, que é o que nos une e non debe ser usada para separarnos", apuntou Carlos Calviño, que preside a Aula Castelao dende hai un ano.

Ler todo o artigo.
Categoría: Galego - Publicado o 14-04-2009 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0