Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Correlingua en Pontevedra
O martes 5 de Maio celebróuse o Correlingua en Pontevedra. O tempo axudou a que esta festa pola lingua fora máis amena que outros anos. No cole onde traballo fixemos unha reportaxe fotográfica, e logo coas fotos tamén fixemos un vídeo-clip, que tamén está no youtube. Ten pouca calidade pero pódese mirar porque ten boa música. Se queredes ver as fotos, con mellor calidade, do percorrido e de Pontevedra podedes facelo na Galería no ceip.aseca.com



Categoría: Galego - Publicado o 07-05-2009 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto de adhesión para o profesorado
Perante a insistencia de moitos e moitas docentes, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de abrir o seu manifesto a todo o profesorado galego, que xa pode adherirse na seguinte ligazón:

http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php

Así mesmo, animan a difundir entre o profesorado dos centros escolares e entre os contactos persoais esta campaña para que siga medrando o número de apoios de Equipos de Normalización e de docentes a nivel individual para contar con máis forza teremos como interlocutores no difícil escenario que se abre para a lingua galega no ensino.

No documento anexo inclúese o manifesto preparado para a recolla de sinaturas por parte do profesorado e o texto "Quen somos", documento de presentación da Coordinadora.

MANIFESTO DA CGENDL


Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística abaixo asinantes queren manifestar a súa preocupación ante a intención do novo goberno de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Como dinamizadores lingüísticos, pero moi especialmente como profesionais do ensino que somos, queremos facer constar o seguinte:

1. Este decreto desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia no ano 2004 e elaborado, na parte referida á educación, por unha comisión na que se integraban representantes das ANPAS, do profesorado, das organizacións pedagóxicas e das patronais do ensino concertado.

2. Supón a superación dunha lexislación, o Decreto 247/95, que -despois de 12 anos de aplicación- tiña demostrado que non estaba respondendo aos obxectivos para os que fora deseñada, tal como poñen de manifesto os últimos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia.

3. Persegue como finalidade última que o alumnado acade, ao rematar os seus estudos, unha plena competencia lingüística que o capacite para expresarse oralmente e por escrito nas dúas linguas oficiais de Galicia, no marco dun ensino plurilingüe.

4. Favorece que cada centro elabore o seu propio Proxecto lingüístico, documento que debe ser aprobado polo Consello Escolar e que, polo tanto, require a implicación e o consenso de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais/nais, persoal non docente e representantes dos concellos.

Dado que consideramos as medidas que se establecen no decreto como unha achega importante na tarefa dinamizadora e normalizadora que realizamos nos centros e que non pasou tempo suficiente para avaliar se os seu resultados satisfán os obxectivos para os que foi aprobado, solicitámoslle ao novo goberno que manteña os compromisos acordados pola comunidade educativa e o Parlamento galego no Plan xeral de normalización da lingua galega.
Categoría: Galego - Publicado o 06-05-2009 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Belén Regueira. Máis claro , auga !
?Durante o noso traballo démonos conta que hai moitos nenos entre 6 e 12 anos que non saben falar galego. Non é que o saiban máis ou menos, ou que teñan unha actitude máis ou menos positiva. É que non o saben porque non llelo aprenderon nin na casa nin na escola. Esto non se escoita en ningures pero, credeme, eu seino. E se algo teñen os cativos é capacidade de comprender. E sería triste que os grandes decidiramos por eles que saber galego é un coñecemento prescindible, no que non é necesario chegar a excelencia ou quita tempo para outras cousas. O coñecemento sempre suma e é o coñecemento e non o descoñecemento o que nos fai libres e só quen sabe pode escoller. Todos estamos dacordo na total capacidade dos nosos nenos en falar con total capacidade en galego, en castelán, en inglés e en calquera das linguas que lle queiramos aprender?pois aprendamosllelas, de verdade?






De seguro que a Galicia Bilingüe non lle gustan nadas estes comentarios de Belén Regueira.
Parece mentira que sexa tan emocionante escoitar a verdade do que está pasando, e que outros anden a dicir "patrañas" ... E índa por riba ler os comentarios "do noso Presidente", dicindo "son excepciones los que pueden elegir la lengua para hablar con los profesores". O que son excepcións son os que falan galego nas clases en calquera materia, incluso en galego. Seguro que hai algunha zona que se pode salvar, como pode ser Burela, Rianxo .... Pero se un se vai a calquera cidade pódese sentir extranxeiro falando galego na súa terra. E particulamente, como mestre que son, atoparte que nin nas clases de galego os rapaces falan galego. Esta é a realidade que sabe moita xente, pero non toda... Cal é a amabilidade? Ser máis ignorante sendo monolingüe? Pero si eles, que teoricamente aprobaron -algúns- as oposicións "feitas en galego", non saben falar en galego. A onde vai parar a nosa lingua?. Se temos que ser competentes nas dúas linguas, ou máis, que se compromentan a cumplilo, que avalien as linguas nas diferentes etapas, xa verán que sorpresa levan. Menudos modelos teñen os nosos fillos, póñense leis para non cumplilas os mesmos lexisladores. Manda truco!. Agora xa non queren pasar ese mal trago e prefiren eliminar os decretos ... liberdade?. Non sabía eu que estes foran agora de ácratas.

Ser bilingüe e SABER LER E FALAR dúas linguas, non ser de GB. E como di Belen Regueira, as linguas suman, e cando un domina as dúas linguas ten liberdade para elixir. Pero esa non é a nosa realidade. Agora non hai liberdade porque moitos son xa os nen@s que non saben FALAR galego.

Na mesma liña temos os comentarios de "Mini" e "Mero", gañadores do Pedrón de Ouro.

En que país está vivindo Señor Presidente?


Eu tamén son fan de Belén Regueira.


Ver premios Mestre Mateo.
Categoría: Galego - Publicado o 04-05-2009 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Que está pasando?
Que está pasando? Recollido de Antón Dobao

Feijóo é Fausto e Gloria Lago Mefistófeles. E o problema que ten Fausto nestes momentos é que xa Mefisto lle esixe a alma. Fausto atoutiña porque non sabe cómo saír indemne do paso, mais Mefistófeles coñece extraordinariamente ben cal é o seu cometido neste pauto preelectoral. Ou todo ou nada. Morrerá o doutor Fausto despois de lle entragar a alma enteiriña a Mefistófeles, ou, nun alustro de inspiración divina, buscará axuda para practicar un exorcismo severo? Atentos á xogada.
Categoría: Galego - Publicado o 02-05-2009 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas coplas dos Maios

Van derrogar o decreto
hoxe temos que clamar,
que arranxen a nosa lingua
que a deixen resollar.

Falouna sempre o povo
perdéndose na cidade,
queremos estar con ela
e manter a identidade.



Ver máis en "Os nosos maiso en Poio"

Categoría: Galego - Publicado o 01-05-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0