Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pechan 15 servizos de normalización lingüística.
Triste pero esperado. Rematamos o ano con novas malas para o galego: Pechan moitos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos.

A eliminación das axudas por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a irresponsábel tardanza da nova e minguada convocatoria por parte da Deputación da Coruña e da Xunta favorecen o despedimento de 15 técnicos/as de normalización lingüística e o peche doutros tantos servizos


Cumpriuse a peor das previsións, e o ano remata co peche de 15 servizos de normalización lingüística (SNL) de concellos galegos.

Ler máis
Categoría: Galego - Publicado o 31-12-2011 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Lexisladores de lei


Persoiros da xustiza que traballaron pola lingua:

Casado Nieto, Orencio Pérez, e Claudio Movilla.
Categoría: Galego - Publicado o 11-12-2011 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Por que é bo aprender galego?


A EOI (Escola Oficial de Idiomas) de Pontevedra, integrada tamén na CGENL, elaborou un novo traballo para a promoción da nosa lingua, un tríptico explicando o por que é bo e necesario aprender galego.

Se vos gusta podedes difundilo.
Categoría: Galego - Publicado o 27-11-2011 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Acto da Entrega dos Premios Xoan Manuel Pintos
De Xoan Manuel Pintos


Este venres 25 de novembro de 2011 fíxose entrega no Pazo de Mugartegui de Pontevedra, dos Premios Premio Xoan Manuel Pintos á CGEDNL de Pontevedra e a Aula Castelao de Filosofía.

Dúas entidades estas que traballaron e traballan a reo pola dignidade da nosa lingua. Unha xa veterana, xa van alá 30 anos, a Aula Castelao, e a outra, incipiente na súa organización pero tamén veterana no traballo (vinte anos).


''Este premio dános alento para continuar co noso labor''. Belén Escariz e Rubén Rivas agradecían desta maneira, onte, en Pontevedra, o premio Xoán Manuel Pintos que este ano foi a parar á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística. Despois citaron o texto que saíu da asemblea da coordinadora este ano, no que se facía fincapé na resistencia como valor fundamental dun traballo de defensa do idioma. ''Debemos esforzarnos por manter a esperanza. O futuro do galego depende moito da nosa capacidade de resistencia. Cómpre non quedar na crise e no lamento. Resistir ten que ser avanzar''.

No nome da Aula Castelao, recolleu o galardón o seu coordinador, Carlos Calviño, que lembrou que entre os obxectivos fundacionais da institución estaba a defensa dunha serie de principios dende un compromiso irrenunciable a prol da lingua galega.

Ver nova na prensa.

Máis sobre Pintos

I Xornadas dos EDNL de Pontevedra dentro da celebración do bicentenario de X.M. Pintos.



Categoría: Galego - Publicado o 26-11-2011 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
Conxugador de verbos automático
Conjugate verbs

Entrar no programa
Categoría: Galego - Publicado o 25-11-2011 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0