Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GZ na matrícula
Categoría: Galego - Publicado o 29-11-2009 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Identidade Galega
Categoría: Galego - Publicado o 28-11-2009 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Denuncia Europea da EBLUL
A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL) insta a Xunta a ?pór fin ás iniciativas que adoptou contra o galego? ou, do contrario, denunciará a situación internacionalmente.

TEXTO DA RESOLUCIÓN DO EBLUL


O Comité do Estado español do EBLUL (European Bureau for Lesser Ussed Lenguages ? Axencia Europea das Linguas Minorizadas), reunido en Barcelona o 26 de novembro de 2009, ACORDA dirixirse á Xunta de Galiza para lle trasladar as seguintes solicitudes:

# Animamos o Goberno galego a que desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia de Galiza, pondo fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego nos diferentes ámbitos.

# Informamos á Xunta de Galiza de que as medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español, como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias.

Neste sentido, resulta de especial gravidade que o Goberno galego non tivese en conta o último informe que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu hai apenas uns meses sobre a situación lingüística de Galiza. Non é só que non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas para dar cumprimento á Carta europea, senón que se desmantelaron algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa, como as Galescolas, que era a única rede de ensino infantil que contemplaba con normalidade o uso do galego en cancións e xogos.

# Se a Xunta continuar coa súa política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega e de incumprimento dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, desde o Comité de Estado do EBLUL trasladaremos esta situación aos diferentes foros internacionais en que se encontra presente.


Nova en Vieiros.

Nova sacada da páxina web da MESA
Categoría: Galego - Publicado o 27-11-2009 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza co Galego
Constitución da Comisión promotora: Galiza co Galego .
O 5 de Decembro, sábado, ás 6 e media da tarde no Centro Cívico Municipal do Castrillón ( na praza Pablo Iglesias) , na cidade de A Coruña.
Está toda a cidadanía galega convidada.
Categoría: Galego - Publicado o 22-11-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Orde ministerial
Ás veces escoitas a algún que di que o Galego non foi perseguido... de que o castelán non foi unha imposición ... En fin, sen comentarios.
A imaxe saqueina da A.V.V. A Cutareira. Onde tamén teñen un vídeo da represion franquista.
Categoría: Galego - Publicado o 14-11-2009 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0