Paloma O. L.
O maio de Campolongo
ten laranxas un millar,
tamén ten uns cantos ovos
que non son para lle tirar.
Xa chegou a primavera
e esperamos o verán,
ata que non chegue xuño
ó maio lle imos cantar.
María R. S.
Chega o Maio a Pontevedra
cargadiño de ledicia,
os paus xa resoan
na praza da Ferraría.
Comezamos a cantar
nesta praciña de pedra
con ilusión e máis paixón
e de todo corazón.
Irene G. T.
A reforma laboral
e a nosa sanidade,
van ter que pasar
serías dificultades.
A nosa educación
e a nosa sanidade
van ter que pasar
serias dificultades.
Meus avós pagarán
ás súas mediciñas
e nós na escola
apretados como galiñás.
O goberno non se entende
Garzón é un delicuente
pero traen a amnistía fiscal
para todo corrupto nacional.
Roberto
Esta crise é tan fonda
que chegou á educación,
os profes curran máis
cobran menos e sen vacacións.
Pero en Campolongo non
aquí a crise non é tal
se queres un sobre Baixo
tes que traballar igual.
Ana N. B.
O maio en Campolongo
vai ser moi divertido
imos estar todos xuntos
e imos facer moito ruído.
Na praza da Ferreria
imos todos os de campolongo
para cantar as coplas
que parodian a todo o mundo.
Os alumnos de Campolongo
estamos esperanzados
a ver se cos recortes
temos menos días traballados.
Noa T.M.
No colexio Campolongo
os Maios son moi divertidos,
se ti queres celebralos
ven conmigo, ven conmigo.
Alicia P. R.
Os rapaces cantan ledos
as coplas para o maio
que fixeron con esmero
e con moito traballo.
Estamos todos xuntos
na praza da Ferrería
golpeando os nosos paus,
cantando con alegría.
Álvaro P.
Cidades cheas de fume,
entre a contaminación,
a Terra morre por dentro,
houbera unha solución.
Alba M. C.
O máis lindo da cidade
aínda está por chegar,
Non sei porque agardamos,
O maio pronto vai brilar.
Arranxar
Porqué non chega o noso mayo?
Que está ocorrendo?
Nos hemos dado conta,
Xa que estamos en Decembro.