Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve |
|
Defensa do Ensino Público
"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte" |
|

|
GALEFAS |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
5ºC |
|
Alejandro R. S.
A festa dos nosos maios
e festa da primavera
e cantamos e bailamos
xunto esta árbore tan bela.
Con calas e os pampullos
faremos un gran colar
poñeremos os fiunchos
para o maio tapar.
Nin moi alto non moi baixo
ben feitiño vai quedar
o noso precioso maio,
o mellor deste lugar.
Dando voltas e cantando
os nenos desfrutarán
e ducias de palitroques
moi forte baterán.
|
|
|
|
5ºA |
|
Sabela A. L.
Chegou a primavera,
xa vai moita calor,
os paxaros fan os niños,
as camelias están en flor.
Os nenos de Campolongo
estamos a recoller
plantas flores e froitos
para un gran maio facer.
Despois aprenderemos
poesías e cancións
para arredor do maio
divertirnos un montón.
Clara A. De la C.
Xa chegou a primavera,
e temos que comezar
a cantar con alegría
e os Maios decorar.
Iria A. C.
Estes maios os facemos,
todos xuntos e cantando,
recitando as cantigas
bailando e xogando.
Laura B. B.
Estas cantigas do maio,
as podemos recitar,
un pouquiño de silencio,
que se non imos tolear. |
|
|
|
Coplas Maio 2012- Varias |
|
Alfonso L.A.
XA CHEGA O MAIO
CARGADO DE CORES
PINTANDO NOS CAMPOS
FROITEIRAS E FRORES.
A. F. M.
Temos xa os recortes
na nosa educación
ide preparando o peto
é a súa solución.
Aeroportos sen avións
mauseleos no Gaiás
os cartos non dan chegado
para tanto paspallás.
Cada ano fanse obras
porque aumenta o alumnado
ó colexio Campolongo
chámanlle o remendado.
Segue cheo de complexos
o galego na cidade
non se fala nas escolas
temos pouca dignidade.
Camiñando polo río
vimos lixo a mogollón
a limpeza polo Gafos
aínda non ten solución.
Temos pancarta no cole
falando de educación
púxose antes da Pascua
coa santa bendición.
Manda truco, mando truco,
o que temos na poltrona
cazadores carteristas
con infantas xoguetonas.
Europa medra en débeda
Arxentina expropia todo
nos pagamos os xuros
e o mundo está máis tolo.
|
|
|
|
Coplas Maio 2012 6ºA |
|
Juan A.
Chegado o mes de maio,
con flores e sol brillante,
tráenos cada ano
a música ben soante.
Estas cantigas enxebres
que nos enchen de alegría
fan que toda a xente
desfrute neste día
María R. M.
Non me fales da crise
nin da prima de risco
fálame de amores
no mes das flores
Martín
Imos todos á Ferrería
para todos venerar
imos todos con alegría
para os maios contemplar.
Juanjo P. A.
Volven os maios a Pontevedra
este ano en tempos de crises
cos recortes de Rajoy
pero non estamos tristes.
Que todo o mundo se entere,
volven neste mes tan especial
uns fiunchos moi decorados
cunha cor maxistral.
Vestirémolo moi espido
con pampullos e fiuncho,
con ovos e laranxas,
deixarémolo ben cuco.
Non nos chegaban as pontes
para cruzar o río Lérez,
por iso dicidiuse facer
a Pone das Correntes.
Despois de tres anos agardando
todo chega ao seu fin
a nova Ponte das Correntes está aquí
agora si, cruzaremos o Lérez en bici ou patín.
Pablo F. P.
En maio fanse as flores
e os paxaros aniñan
pintan os campos de cores
e as árbores animan.
|
|
|
|
Coplas Maio 2012 - 5ºB |
|
Patricia F. D.
No colexio Campolongo
celebramos hoxe os maios
canta e baila connosco
ao redor do noso maio.
Coa teima da crise
andan todos preocupados,
pero os nenos so pensamos
en xoguetes e trastadas.
Raxoy este ano
gañou as eleccións
agora anda contento
escondidiño polos rincóns.
Vente maio , acaba logo ,
temos presa por marchar ,
nesta festa non nos queren
imos todos a troulear.
Pablo G. F.
Cantádeme un maio
que bailen os nenos
poñámoslle flores
pra que estén ben ledos.
...
Os fiunchos deste cole
os ovos de Campolongo,
e as laranxas douradas
só do noso maio de conto.
Antonio D.
O maio é alma de alegría
hoxe vai ser un bo día,
teño moitas gañas de xogar
o maio é simbolo de alegría.
Juan
Neste maio hai que cantar
cunha voz moi especial,
cun sorriso nos nosos beizos
e se chove baixo os teitos
|
|
|
|
|
|
|
|
|