Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Maios 2012- Pontevedra -Notas de prensa
De Maios 2012 Ferraría


De Maios 2012 Ferraría


De Maios 2012 Ferraría


De Maios 2012 Ferraría


Categoría: Maios - Publicado o 02-05-2012 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Maio 2012 do CEIP Campolongo


Cantigas.

Fotos na do día H (1 de Maio)

Fotos preparativos dos Maios.

Maís sobre os Maios


Vídeo do Maio do 2010.

Categoría: Maios - Publicado o 02-05-2012 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas Maios 2012 do CEIP Campolongo
Categoría: Maios - Publicado o 01-05-2012 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Bases dos Maios de Pontevedra
CONCURSO DE MAIOS 2012

O Concello de Pontevedra convoca a todos os nenos e nenas, mozos e mozas, asociacións culturais, veciñais e xuvenís a participaren no concurso de Maios que se vai a celebrar o día 1 de maio ás 11:00 horas na Praza da Ferraría, de conformidade coas seguintes:

BASES

1.- Poderán participar todos os grupos, asociacións, centros educativos, etc., que estean inscritos na Casa do Concello de Pontevedra antes das 13:00 horas do día 27 de abril de 2012.

2.- No intre da inscrición deberán presentar 10 copias dos cantares xunto cunha solicitude na que conste, a lo menos, o nome, DNI e enderezo do solicitante.

3.- Os maios concursantes terán dereito á tradicional rosca e a unha gratificación de 150 ?, agás que o xurado o descualifique por non cumprir as presentes bases.

4.- O xurado estará integrado por un representante de cada un dos grupos políticos con representación municipal, e un máximo de catro persoas de recoñecida traxectoria no coñecemento e valoración da Festa dos Maios de Pontevedra.

5.- Os maios participantes deberán presentarse ao xurado na Praza da Ferraría ás 11:00 da mañá. O concurso dará comezo ás 11:30 horas coa ?Benvida ao maio?. As actuacións realizadas polos maios na Ferraría antes do comezo poderán ser valoradas polo xurado nas súas puntuacións.

6.- O xurado emitirá o seu veredicto a través da suma das puntuacións dos seus membros, obtidas polos maios en cada modalidade. O xurado seguirá, para as súas puntuacións, os seguintes criterios:
a) O maio será tradicional de Pontevedra, de forma cónica, de entre 1,5 e 2 metros de altura aproximadamente, adornado con produtos tradicionais (fiúncho, pampillos, margaridas, laranxas e ovos). Tamén se aceptarán, por ser tamén de tradición local, cartuchos (calas, camelias, rosas silvestres e bandeiriñas de papel. Calquera outro elemento de adorno será penalizado.

b) Os materiais que compoñen a estrutura non serán visíbeis a non ser os pés de maio e as andas, que serán de madeira.

c) Serán valorados elementos de tipo técnico (como a uniformidade do manto de fiúncho, a elaboración uniforme das coroas de pampillos, margaridas e laranxas, etc.) e artísticos (a distribución dos adornos no maio, a composición de formas e cores, etc.).

d) A coroa, no caso de presentarse, non deixará ver os materiais da estrutura. Poderá presentarse como remate do maio, ou mellor (por ser tradición en Pontevedra) en estrutura á parte enriba dun pé de madeira.
Valorarase a composición de formas e cores, así como o motivo que represente.

e) Nas cantigas valorarase a retranca, a composición, o ritmo e a linguaxe utilizados. Penalizarase o uso de palabras malsoantes e o uso de coplas copiadas de anos anteriores.

f) Na interpretación valorarase o emprego do canto tradicional do maio de Pontevedra, así como a entoación, ritmo e voz dos actuantes. Tamén se valorará o uso dos materiais de acompañamento (paos de man ou estadullos).

g) Quedarán á interpretación do xurado todos aqueles aspectos non contidos nos presentes criterios.

7.- O ditame do xurado será inapelábel.

8.- As letras dos maios premiados poderán ser publicadas polo Concello de Pontevedra, citando a procedencia e sen que os seus autores teñan dereito a percibir ningunha cantidade.

9.- A orde de actuación dos maios será elexía por sorteo, antes do comezo das interpretación.

10.- Trala entrega dos premios, o maio gañador realizará no palco unha nova actuación.

11.- Os premios serán os seguintes:

1º Premio ao maio 350,00 ?
2º Premio ao maio 300,00 ?
3º Premio ao maio 250,00 ?

1º Premio ás cantigas 350,00 ?
2º Premio ás cantigas 300,00 ?
3º Premio ás cantigas 250,00 ?

1º Premio á interpretación 350,00 ?
2º Premio á interpretación 300,00 ?
3º Premio á interpretación 250,00 ?

1º Premio á coroa 350,00 ?
2º Premio á coroa 300,00 ?
3º Premio á coroa 250,00 ?

Premio especial para centros escolares 400,00 ?

Premio especial para Maios (figura)

A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

Pontevedra, marzo de 2012.
Categoría: Maios - Publicado o 01-05-2012 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Maios 2012 na Ferraría de Pontevedra





Este ano tivemos máis sorte cos premios, en total foron tres, 1º en Interpretación, 1º en Especial Colexios, e 2º en letra das cantigas .

Noraboa a todos os participantes nesta gran festa dos maios.

Artigo relacionado:

Fotos preparativos do Maio
.

Bases do concurso.
Categoría: Maios - Publicado o 01-05-2012 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0