Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Xa estamos para gaitas!


    Xa estamos para gaitas!


 busca o que facemos sobre as Gaitas de Palla
Un xoguete nas mans dun nen@, un instrumento nas mans dun músic@ di P. Carpintero
Tódolos gaiteiros do país agrario que eramos traempezaron xogando con Gaitas de Palla.
Pois que ningún/ha gaiteiro/a quede sen facer a súa GAITA DE PALLA

NA NOSA CULTURA POPULAR ESTÁN AS RAICES E A TERRA FÉRTIL PARA O FUTURO.
Esta é unha páxina coa nosa humildosa contribución.
Cambiamos o negativismo de "Non está o alcacén para gaitas" por XA ESTAMOS PARA GAITAS.


2013 iniciase no LUDARIA, Festival Europeo do Xogo Popular. Ao pé do Pórtico do Paraiso na Catedral de Ourense, onde está o flautista (atópao) que o diferencia do Pórtico de Compostela.

2014 no DOLMEN de DOMBATE

2015 Construimos cancións a partir de Gaitas de Palla na TROBA DO BUGALLO



Na época máis festeira do ano.
XA ESTAMOS! SAE FORA AOS CAMIÑOS! VOLVE Á TERRA!


UNETE AO MOVEMENTO XA ESTAMOS PARA GAITAS


... xuño 2013. Graciñas LUDARIA.






22 xuño 2013. Ourense (en festas)


E despois de LUDARIA, esto segue!!

Aula Mús. Trad. Gomes Mouro
AOFTOU
LUDARIA, festival Patrimonio Lúdico. Ourense 2013



Saben moito máis:
Irmáns Castro Vicente
Libro de Pablo Carpintero no Consello da Cultura Galega
Xabier Blanco, os instrumentos pobres
Centro Xaquin Lourenzo (monográfico gaita)

O meu perfil
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Gaitas de Palla nos Maios de Ourense
Os MAIOS da xente en Ourense no 2021 (Cantademeunmaio) foron especiais epidémicos e epidérmicos. Pro fixémolos.



Descrición do video:
Un home barbado e misterioso ensina unha herba, unha raiz, unhas pallas de avea, a máis humilde das gramíneas. Está claro que mira a unha cámara. Isto é un espectáculo, alguén observa. Toca unha tonada cunha herba do campo, soa o cuco, góstalle. Ensina o lugar, unha ermida, un solpor, xa está o selfie cultural feito.

Hai unha lenda de San Trocado, o “santo do Torque”, traídas súas reliquias dende Guadix (Granada) por San Rosendo de Celanova no século X que di que hai unha serpe que tén unha flor que hai que arrincarlla cos nosos propios beizos. Se non somos de caraveis, somos de herbas.

O santoral sitúa ao Trocado traendo a barca de Santiago a Galicia no século I da era común; no calendario salta o 15 de maio e en Ourense a capela de San Trocado tén unha das vistas máis vertixinosas da provincia, sobre o pai Miño, sobre a citania de San Cibrao de Las, oubeando ao mundo de Dozón a Celanova, de Ribadavia a Ourense, do Oural ao Paraño, que imperio!
Vese o pico de San Trocado coma se ve o Pico Sacro ao chegar a Santiago de Compostela, baixando pola autopista.
Nestes picos os antergos mantiñan os lugares máis olímpicos para que os seres divinos e mitolóxicos se mantiveran por riba dos mortais. Protexíanos das ameazas e celebraban algunha vez ao ano estar xuntos e necesitar unhas crenzas e cultura común. A luz nas alturas alumea aos seres da chaira, a barrosantear.
Por máis misteriosos e postmodernos que nos poñamos (modo selfie on, modo irónico on, modo pailán pedante ou pándigo) os Maios non deixarán de ser un xogo de crianzas dando “caña”.
Así como se di que a patria é a infancia, ou a lingua --depende para que se diga tal--, e que a lingua tén distintos estratos que se van sumando na terra en fondura mentras as vamos riscando, as tradicións e os rituais tamén se compoñen de capas, de socalcos polos que baixamos ata o máis esencial.
Coa excusa desa anxelical figura das maias, meniñas de maio coma flores dos verxeis, ao fondo delas poñían os adultos nas voces inxenuas as súas críticas aos mandatarios de turno e dábanlle unha repasada boa pola peneira do enxeño ao máis importante do ano, para que o pobo non o esquencese. O pobo non é parvo nin párvulo. Na feesta dos Maios establécese unha posta en escea interxeracional na que maiores e menores teñen que estar entreverados, entrefrebados.
É un “tres-nunha” como o é o nabo-naviza-grelo (a santisima trindade do galego), ou o ferrado (ao mesmo tempo medida de superficie, de peso e de volume). Ao mesmo tempo é un xogo de crianzas, ao mesmo tempo é unha artesanía vexetal que converte en reliquia efímera o vexetal elemento, e ao mesmo tempo é unha indispensable e sanísima ourivería verbal para fender a realidade socio-política e defenderse diante do agresivo. O malvado non é o lobo, nin o home, nin as malas herbas, nin as malas verbas, senon o que fagamos con todo iso. Tecer unha construcción vexetal adorable e agreste. Entretecer unhas copliñas saudosas ao tempo que salvaxes. Taconear polas rúas e que se nos escoite ben e se xunte a xente.

A procura das raíces e das esencias tén as súas limitacións, temos que ser humildes, máis tamén valentes. Non podemos acoutar con muros de museos aquel anaquiño de tradición para conservalo coma se conserva un dente dun Ataporqueño. Podemos seguir vivindo o que insuflou vida á xente durante os séculos, o que nos fará máis humanos, simplemente humanos.
¿É patrimonio igual unha citania castrexa ca unha tonada da festa dos Maios? ¿É patrimonio o que se constriuiu nun momento histórico determinado por unhas circunstancias determinadas? ¿É matrimonio o que une a todas as xeracións, que amamanta coas verbas e os rituais, as festas e os xogos?
É.
Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 05-05-2021 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os tiroliros de XAvier Blanco
O outro día en Lodoselo Xavier Blanco fixo un percorrido fantástico polos instrumentos "naturais", pitos, toques, melódicos...

Todo recollido de persoas do Morrazo que llo contaron e cantaron.

Esa voz tan melosa e sinxela, cantando con calquera ritmo, con calquera timbre.. fantástica demostración de que a musicalidade está dentro.

Imnpresionoume cando dicía que os paisanos empregaban as gaitas de palla, chamadas tiruliros, pra amansar ao gando cando estaba alterado.

Eses sons graves, vibrantes, producidos polo sopro do home.

¿Cal sería o ton desta musicoterapia de albeite?



Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 27-04-2016 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Cultura tradicional de NEG en Lodoselo
Por segundo ano, o movemento de renovación pedagóxico Nova Escola Galega fai as xornadas de Cultura tradicional, para observar in situ as aplicacións didácticas que nos ofrece a tradición, e os renovadores.

Alí estárá o Gaiteiro Xavier Blanco, e os Chichisos, con quen se poderá ver en directo o que fan co material natural e a música que sae a borbollóns del.



Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 14-04-2016 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
En Breve, gaitas de palla no disco da Troba do Bugallo
A troba do Bugallo está en periodo de gravación do seu primeiro traballo audiográfico, no que como non, irán as súas gaitas de palla.

Será para a fin da primavera do 2016

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2016 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
A troba do bugallo fai cancións con gaitas de palla
Efectivamente amig@s!
A metade do repertorio creado pola Troba do bugallo está feito a partir de cantigas sacadas de gaitas de palla confeccionadas por el@s mesm@s.

-No encontro de Xogos populares de Muimenta . (Xotramu)
-Na poza de Fonmiñae e bares de Meira
-No domingo das mozas de San Froilán
-etc



O cartel é de Santi Cabarcos
Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 24-04-2015 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xa hai aveas polas cunetas a mancheas en Abril
Unha boa sementeira
Unha boa molladura
Un anaco de sol

E xa están para coller!!!

Lembrade secalas sen secalas de máis. Ah mira ti...
Comentarios (0) - Categoría: de AVEA LOUCA E SILVESTRE - Publicado o 18-04-2015 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Gaitas de Palla no Samain do Madia Leva
No Madia Leva de Lugo completamos as variadas actividades que alí fan arredor do Samaín con varios contos e desmitificacións.

-Unha. Xa temos Magosto, para que queremos Samaín.
-Duas. Nos tempos de defuntos, lembramos a voz dos nosos devanceiros, que nos inspiran, non nos dan medo
-Tres. Eran outros tempos, nos que os xoguetes eran de palla e casca de nabo. Non había luz eléctrica... e as teas de arañeira eran naturais...


E finalmente fixemos gaitas de palla para @s nen@s. Deseguido se propuxeron que facer varias e facelas soar ía ser divertido. O que non sabían é que podiamos poñer roncón, ronqueta e punteiro, coma na gaita de verdade...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2014 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Gaitas de Palla no Domingo das Mozas
En Lugo o último domingo das festas patronais chámanlle dende os anos 40 Dia das Mozas, e resulta ser unha exaltación do Traxe e a música tradicionais.
Dende hai uns anos está cheo de grupos musicais de xente moza, e hai moi bo ambiente.

Pois tamén saimos co noso feixe de pallas , recollido na chamada finca da Deputación de Ourense, polo que podíamos dicir que levabamos no lombo Unha Banda de GAitas de Palla da Deputación de Ourense. Tiñamos incluso unha copla ao respecto, que se queredes, vos podemos enviar.

Tamén saiu unnha canción, porque Simón levaba a gaita e a música no peito. Unha canción cunha gaitiña de palla. Que tamén ten letra, claro

"Eu saín con un feixe de pallas,
sen saber o que ía pasar.
Esto foi no domingo das Mozas,
en Lugo a festa do San Froilán
"
Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 26-10-2014 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Gaitas de Palla nas Regueifas de Valadares
Estivemos no Certame Ibérico de Improvisación Oral
En Valadares, Vigo

Cataláns
Vascas
Portugueses
Galegos

E alí fixemos o instrumento improvisado: a Gaita de Palla

Igual que se improvisa con maxia un verso, se improvisa un instrumento, tomado en outubro ainda dos eidos fronte ao Centro Civico e cultural de Valadares.

Ainda hai...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2014 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Agradecidos aos De Borneiro e Dombate
Depois da xornada do 22 en Dombate non podemos menos que dar as gracias as, e as persoas asitentes e a Fernando como presidente do grupo de gaitas Lua Chea e a Ismael (6/8, e Donaire ), como director artístico
Asimesmo a Jose María de Couto, e ao persoal que atende na catedral do Megalitismo.

Faremos a reportaxe...
Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 27-08-2014 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0