PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

A Odisea de José Caeiro Casal


Artigo de Serxio Balchada Outeiral.


O día 20 de xullo de 1936 ás 18 hrs proclámase o bando de guerra na balconada da casa do concello de Marín (Pontevedra) (Velasco, 2006). Le o texto o capitán de corbeta do Polígono de Janer Pedro Nieto Antúnez. A pesares que o día 22 algúns militares leais ao goberno trata de apoderarse do complexo castrense a sorte está botada. Para moitos esquerdistas e sindicalistas da comezo unha longa noite de pedra: cadea, acubillos, gabias e chumbo.

Có devagar das semanas a meirande parte do territorio galego vai caendo nas mans dos sublevados ao mesmo ritmo que as esperanzas dos milleiros de contrarios ao golpe de estado. As esperanzas de contragolpealos ou mesmo de fuxir cara campo republicano esmorecen irremediablemente.

Controlada a vila de Marín dan comezo de inmediato as accións represoras contra todo aquilo que cheire a rojo. Malleiras e paseos fanse habituais nas noites estreladas do verán marinense. O medo atopa cabida en centos de fogares.

Para fuxir desta situación, e nalgúns casos para ter a oportunidade de tomar as armas cos seus correlixionarios ideolóxicos, van a ser moitos os que se aventuren a probar fortuna en arriscadas fuxidas por mar. Unhas organizadas por un pequeño feixe de homes desesperados ás veces de xeito quizais precipitado. Outras son artelladas por unha rede clandestina como á organizada dende o porto e A Coruña polo sindicato cenetista El Despertar Marítimo (Pereira, 2010).
Dionisio Pereira ten estudiado polo miúdo os centos de fugas por mar dende os diferentes portos galegos. No caso de Marín Pereira ten pescudado cinco fugas das cuais só dúas están coroadas polo éxito (Pereira, 2010).

Do porto de Vigo-Bouzas tamén ten contabilizadas ata oito fugas, tres delas rematadas en fracaso. Unha das que tiveron éxito foi protagonizada por doce mariñeiros vinculados á CNT local (Pereira, 2010). Agás un deles nado e veciño de Marín e afiliado á uxetista La Alianza Marinera de Marín. Trátase de José Pepito Caeiro Casal (Pereira-Fernández, 2006) que desempeña funcións como maquinista do navío. A mediados de marzo de 1937 arrastreiro Emilia Márquez con destino ao Gran Sol vai desviar o seu rumbo e recala no porto de Bilbo (Pereira, 2010).

José Caeiro consta o 16 de abril como miliciano do batallón Nº 65 CNT Nº 7 Internacional. O batallón créase en xaneiro do 37 para encadrar a loitadores de tódalas nacionalidades. Unha especie de brigadas internacionais que lamentablemente non vai prosperar. Sobre todo dada a filiación comunista da meirande parte dos combatentes extranxeiros que chegan a apoiar aos camaradas españosi na súa loita (Vargas, 1996). Deseguida se desbota esta idea e o Internacional vai cumprir o rol de batallón de reserva. Os seus membros irán cubrindo as baixas dos seis batallóns organizados con anterioridade pola CNT vasca. Quizais José Caeiro opta por engrosar ás ringleiras cenetistas seguindo aos seus compañeiros de fuxida. Non esquezamos que éstes pertencen á CNT viguesa.

Non permanece moito tempo inactivo José Caeiro. Un mes máis tarde pasa a combater enrolado no batallón Nº 51 CNT Nº 5 Durruti segundo se desprende das nóminas do mesmo (EAH. Caja 54 Expte 1).

O Durruti ven de batallar no monte Oketa ou Gorbeia Txiki (Etxaguen, Araba) sito no macizo do Gorbeia dende onde trata de conter o avance do Exército feixista iniciada xa a ofensiva coa que o xeneral Emilio Mola cobiza finiquitar dunha vez por todas coa resistencia vasca. Dada a dureza dos combates o batallón sofre cuantiosas baixas. Logo pasa a Dima (Bizkaia) lugar no que está acantoado ata primeiros de xuño. É nesta vila e en maio onde José Caeiro comeza a súa andaina coma miliciano do Durruti. O 17 de maio o batallón desprégase polas peñas de Atxondo na bisbarra do duranguesado (EAH). A presión do inimigo é terrible e inexorablemente vaise perdendo terreo. O Durruti vese na obriga de repregarse e adoptan novas posicións á defensiva para protexer o val de Arratia e a estrada Durango-Vitoria. A resistencia exténdese entre os días 22 e 30 de maio.

Cóntanolo Juan Ibarrola Orueta por entón comandante da 3ª División vasca:
Atacaron por mi frente y se perdieron Yurre, Villaro y Castillo Elejabeitia. Ante el avance enemigo nos replegamos al monte (V.V. A.A., 20199).

A mediados de xuño Caeiro e os seus camaradas proseguen loitando nas inmediacións de Galdakao (Bizkaia) (Vargas, 1996). Nestes días resulta ferido de certa gravidade sendo evacuado ao hospital bilbotarra de Basurto. A piques de perderse Bilbo para a república é novamente evacuado para o Hospital de Santander. Non remata aquí o seu periplo hospitalario. En agosto ante a perda da totalidade da provincia de Santander é trasladado ao hospital de Luanco en Asturias. En setembro do 37 volta a estar en activo na fronte de Cangas de Onís. Reintegrase no que queda do Exército de Euskadi que aínda sobrevive por aquelas datas ao mando de Ibarrola. Participa na batalla de El Mazucu (01-20/09/37) onde os batallóns vascos bátense con afouteza.

A perda de Asturias o 21 de outubro dese ano trae consigo o sálvese quen poda. Milleiros de milicianos e civís arremuíñanse desesperados nos portos asturianos có único fin de fuxir da previsible repersión. Unha amálgama de embarcacións bótase ao mar para conseguir este obxectivo. A José Caeiro Casal semella acompañarlle a sorte e obtén pasaxe no porto de Xixón no vapor Gaviota. Quizais o seu oficio de maquinista foi aval suficiente. Mais o fotuna víraselle. Non é quen de burlar o bloqueo naval que sofre a costa asturiana por parte dos feixista e o Gaviota é capturado.

Logo de sete meses na fronte José vaia trocar os aramios das trincheiras polos aramios dos campos de concentración. Xulgado en Xixón recibe unha condea de 15 anos de reclusión menor.
Segundo as informacións pescudadas polos investigadores Celso Milleiro e Xosé Manuel Moreira pasou polo penal da illa de San Simón (Cesantes, redondela, Pontevedra) e pola prisión central de Figueirido (Pontevedra). De Figueirido sairá en liberdade condicional o 25 de setembro de 1941.

Fontes e Bibliografía

- Archivo Histórico de Euskadi/Euskadiko Artxiboa Historikoa (AHE/EAH).
- Pereira, Dionisio. El Trintxerpe Republicano: Génesis de la Denominada “Quinta Provincia Gallega”. Revista de Estudios Marítimos del País Vasco, nº5, pp. 737-743. Donostia, 2006.
- Pereira, Dionisio. Loita de Clases e Represión Franquista no Mar (1864-1939). Vigo, 2010.
- Pereira, Dionisio; Fernández, Eliseo. O Movemento Libertario en Galiza. (1936-1976). Vigo, 2006.
- Romero, Fernando, Caerán Bajo la Espada. Higinio Carrocera. La Lucha de un Anarquista, FAL, Madrid, 2015.
- VV AA, Juan Ibarrola Orueta. El Precio de la Libertad, Vitoria, 2019.
- Vargas Alonso, F. Manuel. Anarquismo y Milicias de la CNT en Euskadi. Eusko Ikaskuntza, 1996.
- Velasco Souto, Carlos F. 1936. Represión e Alzamento Militar en Galiza. Vigo, 2006.
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 19-07-2021 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
90 ANOS DO MASACRE DE ATEGORRIETA
Xa deron pasdo 90 anos dende que en Ategorrieta, un 27 de maio do 1931, unha manifestazón composta por homes, mulleres e nenos, de xentes do mar, a meirande deles galegos; coa intenzón de chegaren ao Goberno Civil i entregaren unha escrita coas reivindicazóns dunha folga estancada ao Gobernasor Civil da provincia, víranse detidos no chamado MASACRE DE ATEGORRIETA.

Saíra ás dez e media da mañán de Pasaia e despois de lidar con dous cordóns militares, atopárase cun terceiro, esta vez composto por “guardias civiles”, á altura do reloxo de Ategorrieta. Estes deran acabamento á manifestazón a tiros co resultado de 8 mortos:
Julián Zurro, 18 anos.
Jesús Camposoto, 23 anos.
José Carnés, 32 anos.
Manuel Pérez, 34 anos.
José Novo, 25 anos.
Antonio Barros, 31 anos.
José Suárez, 25 anos.
Manuel López.

O que foi pol-o número de mortos a maior mata de traballadores no País Vasco do século pasado. Pero a maiores houbera unha trintena de feridos, dos que poideron sair máis falecios ( de feito un diles, na listaxe eiquí amosada, morrera ao día seguinte), mais que é descoñecido por mor do silenzamento que se lle dera ao asunto.

Noventa anos de esquecemento interesado, pero que neste ano foi lembrado por varios grupos, e foi motivo para que non fixeramos unhas Letras Galegas máis amplas, nesta nosa particular recuperazón da normalidade.

Grupos como Bildu, do que fomos ver a interesante falencia na Tenéncia de Alcaldía de Trintxerpe o día 13 de maio, do Kontseilu Socialista de Donostia, do que penduramos nas redes sociais unha ampla reportaxe fotográfica do aito no mesmo 27 ás sete e media da serán en Ategorrieta; ou a laboura de IU Ezker Anitza coa interesante presentazón do libro DONOSTIA REBELDE de Miguel Usabiaga o 21 de maio á que tampouco faltamos. E o mesmo 27 ás seis e media da tarde, da man de Donostiako Errepublikarrak na que nos permitiron facer parte, e na que baixo do reloxo de Ategorrieta poidemos escoitar a grabazón da testimuña da aboa do noso compañeiro Manoel Irixoa e na que el mesmo tomou parte. Na reportaxe fotográfica anteriormente referida, cómo non tamén está o de Donostiako Errepublikarrak.

Habería quizais que poñer dúas tachas á ledícia de vermos cómo saen á rúa de novo estes traballadores. Que non se fixera algo conxunto, ao millor o tempo fará camiño, pois xa temos un comezo. E que non haxa unha prancha nin tan sequera piquena que lembre a estes asasiñados, pois á que dician que se ía póor comentouse á fin que non.

Quizáis seña que entre os partidos políticos que hoxe nos gobernan, están tamén aqueles que no 31 fixeran por silenciar o acontecido en Ategorrieta.

Dúas pancartas levadas pol-as mulleres e os nenos que encabezaban a manifestazón: “Libertad para nuestros compañeros”, “Queremos pan para nuestros hijos”. As súas reivindicazóns podense resumiren moi sinxelamente: Non traballar coma escravos e levar en troques a maiores uns xornais de miseria.

Pero eran traballadores, aqueles que todos veñen e dicir defenderen.
Comentarios (0) - Categoría: 01.- QUEN SOMOS? - Publicado o 21-06-2021 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Acto en Homenaxe ás vitimas do masacre de Ategorrieta
https://www.facebook.com/fato.castelao/posts/3935196093242252

Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 05-06-2021 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSSA CANLE DE TELEGRAM


Seguimos em processo de nos adaptar aos novos tempos. Vimos de abrir a nossa propria canle no Telegram pra vos ter informadxs das actividades que realizamos em Pasaia e na súa contorna. Agardamos que o desfrutedes e vos seja útil. Podedes acceder picando na ligazón:

https://t.me/fatocastelao
Comentarios (2) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 03-06-2021 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0