En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Painted Hills |
|

Estouche a vivir nun país ben fermoso. Nada que sacas a cabeciña un pouco do buraco no que te agochas para sobrelevar a vida cotiá, descobres paisaxes incribles. Tamén é ben certo que se aí colles de coche e te pos a andar durante dez horas, seguro que chegas a sitios inimaxinables. Pero aquí é o que hai que facer, sempre que se poida. Síntome turista dominguera, intentando ver o máximo o sábado e domingo para despois malvivir coma alma en pena o resto da semana.
A fin de semana pasada para Oregón me marchei. Xuntámonos oito españois e fomos coñecer Central Oregon, o estado que está ao sur deste. É incrible, vas conducindo e atópaste un fermoso piñeiral, ao cabo da hora estás no deserto, ao pouco nunhas montañas nevadas. As da foto son as Colinas Pintadas, que ben parecen un escenario doutro planeta.Había ben tempo que non experimentaba tanta paz coma o sábado mirando para elas. |
|
|
|
|
|
|
|
|