En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?
Hecatombe significa un suceso desastroso, pero ao poñerlle positiva despois, dáselle a volta. E así foi como quedou o salón de plenos do meu concello despois das votacións. O gran sillón (imaxino que haberá un), que xa tiña a forma das posadeiras do alcalde dende hai uns vinte e cinco anos, vai ter que amoldarse a outras formas máis novas e robustas. E todo isto pasa e eu non estou aí para velo.
Non vou votar nas eleccións. Creo que me tiña que ter dado de alta no consulado, e ao principio de curso tiña moitas cousas que facer. Así que desta non fago país.
Hai que recoñecerlle ao BNG unha gran elección na banda sonora da campaña. Di ti que a min a de Xuntos de Juan Pardo tamén me gusta.
Xente, xuntos... A política, coma a relixión, de entrada sempre nos solta unha boa mensaxe. Que lles dure, digo eu.
A fin de semana foi movidiña. O venres pola tarde, cando ía pola freeway, é dicir, pola autovía, un agradable rapaz decidiu que o meu coche tiña moi boas pintas por detrás e que era mellor darlle un golpín. E así o fixo, rapaz decidido. Non foi moito, máis que nada a leria de amañalo agora, que estou a piques de vendelo, e que dende o golpe parece que o moi ... está por amolarme, coma que non quere arrincar ben e non quere cambiar ben de marcha.
Ai cochiño, non me falles por unhas míseras semanas que quedan...
Non tal, pero síntome así. O luns pasado pedín o día no colexio, unha sick leave, e castigoume deus porque agora si que estou maliña. Un catarro destes sen importancia, cansazo e pouco máis, con ganas de mimos e de durmir. Levo tres días durmindo doce horas. Xa me recomendaron uns polvos máxicos e tomei o primeiro sobre. Débenme estar facendo efecto porque espertei con ganas dun donuts e de fumar. Síntoma de que me estou recuperando.
Ao búfalo, ou bisonte, da foto, coñecino a fin de semana pasada, que me fun a recorrer a costa de Oregón. E mañá de ruta outra vez, a ver un volcán activo, o St. Helens, que nos oitenta deulle por dar eruptos. Espero que o sábado siga durmidiño.
E tamén estou un pouco triste, porque o randeeiro vaise.
Teño discutido con moita xente por aquí a valoración social dos mestres por estas terras. Hai xente que me di que non se nos aprecia, que damos pena. Outra xente di que si que se valora o noso traballo, pero só socialmente, non monetariamente.
A miña percepción é que está moito mellor visto por aquí que por alá. Cando polas miñas terras dis que es mestra o primeiro que che din é o dos tres meses de vacacións.
E para mostra un botón. Esta semana é a Teachers Appreciation. A asociación de pais (máis ben de nais, como pasa por aí) organiza as seguintes actividades para todos os mestres e demais membros do colexio:
1) Luns. Ás oito da mañá almorzo completo. Traeron café, zumes, froita, bollería varia... Deixaron todo na sala de profesores. E comímolo. Non quedou nada.
2) Martes. Flores. Todos os estudantes trouxéronnos flores e demáis cousas. Eu teño galletas recién cociñadas, deliciosas, e chocolate.
3) Mércores. Comida gratis. Traen para a sala de profes comida. Pasta, ensaladas, froita, doces...
4) Xoves. Car wash. A partir das 9 da mañá, as nais puxéronse a lavar todos os coches do aparcadoiro de mestres. Onte fun aspiralo, así que teño o coche coma unha patena.
5) Venres. Os nenos traerannos chocolates, zumes, tarxetas de regalo...
E, ademáis, temos unha masaxe un día á semana. A min tocoume hoxe. De 12:00 a 12:15 unha masaxista profesional estívome a traballar as costas. Todo pagado polos pais.
Contáronme que o distrito, o que sería coma a nosa delegación, tivo que poñer freo ás actividades que se fan durante esta semana, porque antes dábanlles moi bos regalos aos seus profes, coma cruceiros e cousas así.
Río sóa cando penso nos colexios nos que estiven aí se lles digo que me teñen que lavar o coche.
8 de maio. Un bo día. Ou non. Dixéronme que tiña que cambiarlle o aceite ao coche, que había que facelo cada 3000 millas, e xa lle tocaba dende que o comprei. Non é moito, 22 dólares. Pero que pasa cando levas o coche ao taller? Pois que nada é o que parece, e coma moitas veces na vida, canto máis escarvas máis atopas e paga a pena deixar as cousas como están.
A broma saíu cara. Teño que cambiarlle urrxentemente o fluído da transmisión e o ventilador de non sei que. Case 300 dólares. E iso é o máis urxente, que me dixo o rapaz (ía comigo Nancy, así que a tradución é fiable) que de non cambiarllo este fin de semana non podía ir de ruta (porque este fin de semana volvo de xeira, e o luns volvo enfermar...). As outras reparacións que teño que facerlle son máis de 300 dólares.
En fin, estou contenta. Gústame ter o coche a punto. A punto de vendelo...
Polas do norte me refiro, que polas do sur non chegei. Esta fin de semana funme para Spokane, unha cidade a case cinco horas de distancia. A miña compañeira do colexio quería ir ao maratón que alí se celebraba, así que para aló non fomos.
Onte abriu SAM, que é o Seattle Art Museum despois dun ano de reformas. Para celebralo, fixeron un Educators Preview, que basicamente consistiu en que os educadores podían entrar gratis. E daban viño e tapiñas. E coma neste país, coma todos, a palabra gratis é máxica, para aló fomos despois do colexio. Saímos sobre as catro e cuarto cara a Seattle, e entre que buscábamos aparcadoiro e todo chegamos ao museo sobre as cinco. Aquí estamos as mestras que fomos, dúas compañeiras de primeiro, e dúas de kinder, infantil. Eu farteime de viño e de pinchos. Despois de estar case unha hora aquí na entrada, comendo e bebendo, decidimos que sería interesante ver o museo. Un museo, coma todos, imaxino.
Ninsesabe, e a min que non me pregunten, convidoume a facer este cuestionario. Eu non son moi amiga deles, que xa os test da Cosmopolitan cústame facelos, pero heino intentar só por unha razón, a fermosa introdución que escribiu no seu artigo. Máis aviso, non pretendas coñecerme mellor léndoo, que intentarei agocharme todo o que poida nas respostas.
O cuestionario Proust:
O principal rasgo do meu carácter?
A principal rasgo é a súa ausencia, é dicir, non teño carácter. Caeume un día de pequena cando ía na bicicleta e non fun quen de atopalo. Pusilánime, din a malas linguas.
A calidade que prefiro nun home?A calidade que desexo nunha muller?
Gústame a xente que ten algo que dicir.
O que máis aprecio nos meus amigos?
Aos meus amigos ás veces os aprecio, outras veces os desprecio, pero nunca podería poñerlles precio.
O meu principal defecto?
Eu son un defecto, por defecto.
A miña ocupación preferida?
Vivir sen vivir en min. En cristiano, que Morfeo me abrace.
O meu soño de dicha?
Non sei quen dixo que a felicidade non é o obxectivo, senón o camiño. Supoño que me gustaría buscar a felicidade toda a miña vida, pero sempre camiñando cara adiante. E se non, unha boa sesta para olvidarse do dura que é a vida.
Cal sería a miña maior desgraza?
Perder o avión o 30 de xuño.
Que quixera ser? Quisiera ser... quisiera ser...
... e de paso, ter o cú da rapasiña.
Onde desexaría vivir?
No outro lado, sen dúbida.
A cor que prefiro?
Cando era heavy era o negro, despois foi o verde pero un día decidín cambiar e que fose o azul. Agora xa non me lembro se sigo co azul ou voltei ao verde.
A flor que prefiro?
A do toxo.
O paxaro que prefiro?
Piolín.
Os meus autores preferidos en prosa?
Eu non teño preferidos, leo o que me cae nas mans. Se me gusta, disfrútoo. Se non, deíxoo. Muller pouco de canon, son eu.
Os meus poetas preferidos?
Non leo poesía. A miña relixión impídemo.
Os meus heroes de ficción?
Superlópez.
As miñas heroínas de ficción?
A de "Pechos fuera", compañeira de Mazinger Z.
Os meus compositores preferidos?
Hombres G... que pasa!?
Os meus pintores predilectos?
Pepe Gotera e Otilio.
Os meus heroes da vida real?
Cambio de mes en mes. Sempre me emociono con alguén, pero dúrame pouco. Actualmente estou un pouco desheroada.
As miñas heroínas históricas?
A raíña católica, sen dúbida, ou a arte de non ducharse en meses.
Os meus nomes favoritos? Todos os nomes, desa escritora portuguesa tan famosa, Sara Mago.
Que detesto máis que nada?
Creme, podo detestar calquera cousa? Pero non me gustan os soberbios.
Que caracteres históricos desprezo máis?
Todos os que teñen bigote.
Que feito militar admiro máis?
A guerra de Cuba... eu que sei!
Que reforma admiro máis?
A agraria.
Que dons naturais quixeras ter?
A forza dun elefante, a rapidez dun leopardo e a graza dun mono.
Como me gustaría morrer?
Non me gustaría morrer.
Estado presente do meu espírito?
Estado monárquico e aconfesional: ten un rei pero non o confesa.
Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Ves, algo que teño que mellorar, son pouco indulxente.
O meu lema?
"Es mejor estar callado y parecer tonto, que hablar y despejar las dudas definitivamente." (Groucho)
E que rule, convido a Cris a facelo, para que recomende algo de poesía, e a ao das portas, por se non ten nada do que escribir.
Hoxe a miña caseira tróuxome a cea. Éche unha muller ben agradable, gústame. Se está de bo humor, baixa falar conmigo. Se non, pasan as semanas e non a vexo. Como debe de ser, non tanta falsa amabilidade nin hipocresía.
Chegou toda contenta e díxome Mira o que atopei na tenda, un plato típico de Norhtern Spain. Xa me contarás que tal está a versión americana.
Eu non son moi amiga das alubias, que digamos, pero como debo ter unha anemia de cabalo que para min que os donuts non me proporcionan todos os nutrientes que preciso, comín unhas poucas. Son importadas, produto de Spain, di a etiqueta e sabían a fabas, sen chorizo, sen xamón, pero a fabas. Para complementar, engadínlle un donuts de sobremesa.