No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Tu quoque, fili mi?

Guau é unha interxección. É internacional. Os anglos din Wow, que basicamente se pronuncia igual. Isto foi o que se me escapou ao enterarme do asunto de Yolanda e os Aduaneiros.

Vouno interpretar en clave de conflito escolar, que estes días é a miña principal preocupación. Os arraianos dixéronlle unha palabra fea a Yoli, e Yoli foi acusalos á profe. A profe díxolles que coma non pediran perdón ía falar co dire, e os arraianos colleron e marcharon para a casa facendo pucheiros.

Nestes casos a miña actuación sempre é a mesma, de manual. A empatía é o antídoto contra a violencia, así que eu falo co agresor (presunto) e dígolle: Non te das de conta que o que fixeches non lle gusta á agredida (presunta)? E el respóndeme: Pero é que o lle que dixen é verdade... E que como llo contradigo eu?

E así estou eu, e vexo que tamén máis xente, intentando que se consideren os sentimentos e necesidades do próximo, e que acepten con responsabilidade as consecuencias dos propios feitos. Educación para a cidadanía, vamos.

Tes algo que dicir? (5) - Categoría: Xeral - Escrito o 21-10-2007 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Tertulias educativas
Hoxe recibín un correo con isto, e fíxome graza. Xa sei que teño o blogo abandonado, pero, como se pode entender despois de velo vídeo, estou en pleno proceso de doma, que non castración, dos meus novos xabaríns. E cansa, abofé que cansa.




Este é o enlace, por se non o podedes oír, que a min non me deixa.

http://es.youtube.com/watch?v=K2GTauJT5Vg
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 03-10-2007 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0