No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

O gran día
O gran día

O sábado á noite, subiu á Spokane Concha e Danai, outra profe que está de alieníxena aquí coma min e o seu fillo. Viven a unhas dúas horas, e non tiñan nada mellor que facer así que acercáronse. Todos os hoteis da zona estaban cheos polo Bloomsday, o maratón, así que pedimos unha cama supletoria no Super Motel 8 no que nos aloxábamos nós e alí se quedaron. Eu cando pensaba en moteis imaxinábame unha cousa moi cutre, pero non é así. Por $66 dormimos os catro nunha habitación moi limpa, con baño, e piscina no motel.

Ás 6 e media da mañá levantámonos Nancy e eu. Tiña que levala a Spokane (que estabamos a uns 12 kilómetros) e tiñamos medo que houbese moito xaleo de tráfico. Esta é Nancy, as 7 da mañá, xa co seu dorsal e o chip no pe. Todo moi profesional.

Antes Volver á galeríaE despois

Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0