En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Droga agochada no Hostel no que nos aloxamos. |
|

Isto merece unha explicación, que sodes todos moi mal pensados. Chegamos ao Hostel Candem que buscaramos por internet (convenceunos o de que alí servían a cervexa máis barata de todo Vancouver). O sitio era... por decilo suavemente... curioso. Alí fumei o meu primeiro cigarro dentro dun bar; dende que cheguei aos States todos o cigarros foron ao frío...
No detector de fume da habitación, no teito, atopamos esta bolsiña sospeitosa. Algo poñía de Cactus alucinóxeno. Non sei, o meu inglés non é moi bo, pero para min que non era algo legal. O mellor de todo é que por todo o Hostel había letreiros dicindo que ao día seguinte había que deixar as habitacións ás 8 da mañá porque viñan revisar os detectores de fume. ¿Que facer? Barallamos varias posibilidades: ir á recepción e dicir que aquelo estaba alí e que non era noso, marcharnos ao día seguinte sen facer nada (pero eramos os últimos ocupantes do cuarto) ou "desfacernos do problema". Opción escolleita, a tres. Polo retrete foi.
|
|
Ti dirás. |
|
|
|
|