A
Praza da Quintana é unha praza sobria, pedra sobre pedra, pedra lisa, limpa, sen afeites, como unha vella que está de volta de todo e coñece o futuro. Está dividida en dous. A parte de arriba é a
Quintana dos Vivos. A parte de abaixo,
a dos Mortos, porque até o século XVIII era un cemiterio. Tamén se chama a
Praza dos Literarios, en memoria ao
Batallón Literario, que ao principio do século XIX, na Guerra da Independencia Española, loitou contra as aspiracións napoleónicas. Nela está a
Porta Santa, tamén coñecida coma a
Porta do Perdón.
Hoxe encheuse. Como puido haber tanta xente? Como é posible que haxa tanta xente reclamando liberdade lingüística? Non se pode ir a unha manifestación apoiando o asasinato dunha fala.
Que a praza non acolla mais cadaleitos dos que xa aloxou.