En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Felicidade negra |
|
Seica andivéronlle preguntando os da Coca-Cola a tres mil almas en pena se eran felices ou non, que xa lle vale coa preguntiña, non sei se lla fixeron por teléfono, á saída do súper ou vía SMS. A min, persoalmente, se me chaman e me din, ola bos días somos de Coca-Cola, eres feliz? Home, pois mira, adepende. Se teño resaca e me chamas ti si, e mándame dous litros.
O mellor destes estudos, sen ningunha dúbida, son os resultados aos que se chegan. A foto dunha persona feliz é a dunha persoa estremeña, navarra, aragonesa ou catalá entre 26 e 35 anos que viva en parella, non sei eu se haberá tantas. E tampouco sei se se corresponderán as felicidades de ámbalas dúas partes.
Outro descubrimento chave para o noso entendemento do mundo no que vivimos é que a afección máis espallada entre os probes infelices é o bricolaxe, que tamén manda güé, coa falla que tiña eu de reparar unhas cousiñas por aquí pola casa... E pregúntome eu como o farán, se che preguntarán, valore do 1 ao 5 o grao de felicidade que lle produce montar un moble de Ikea.
E os cartos non son tan importantes, de feito a partir de 22.000? xa non nos preocupan para nada. A ver, déixame calcular, 22.000 entre 14 pagas se tes sorte e pagas extras son algo máis de 1.500? ao mes, que xa non está nada mal.
Cambiando de tema, esta foto de abaixo era do patio de atrás da casa na que vivía nos USA, e pregunteille á miña caseira porque tiña o letreiro da Coke, e ela contestoume que ao seu noivo lle gustaba coleccionar antigüidades [sic]. Non sei eu que será peor, se vivir nun país de pandeireta coma iste, ou nun no que a Coke é unha antigualla. Yourself.

|
|
|
|
3 Comentarios |
|
1 |
Pois, pola miña banda, quedo coas pandeiretas. Ainda que, que conste, que tamén sinto certo atractivo pola tecnoloxía obsoleta. É dicir, gústanme esas cidades nas que hai ascensor#blgtk08#es de principios de século, escaleiras mécanicas dos anos vinte (e en activo) ou os tranvías de Lisboa, sen ir máis lonxe. O vello recente ten, tamén, en definitiva, o seu aquel. |
|
|
E así dixo Larvós (31-03-2008 19:21) |
|
|
2 |
Estou contigo. Tamén quedo coa pandeireta, a pesar de t#blgtk08#odo. Grazas por andar de polavila e facerme esta visita. |
|
|
E así dixo A do outro lado (10-04-2008 22:07) |
|
|
3 |
Me uno a las felicitaciones porque no se cumplen años t#blgtk08#odos los dias, asi que espero que se lo pase en grande. |
|
|
E así dixo Viajes (14-08-2011 17:20) |
|
|
Ti dirás. |
|
|
|
|